Vitorino Núñez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Derramo.
Liña 7:
Sería con Gómez-Franqueira con quen tamén daría os primeiros pasos políticos ao fundar canda [[Xosé Quiroga Suárez]] [[Acción Política Orensana]] nos albores da [[transición]] democrática, que, despois de negociar co [[Partido Popular]] de [[Pío Cabanillas Gallas|Pío Cabanillas]], acabaría integrándose directamente en [[UCD]]<ref name="A Nosa Terra 1977"/>. Coa UCD accede á presidencia da [[Deputación de Ourense]] en [[1979]], logo de saír elixido como concelleiro en [[Ourense]]. Logo da debacle electoral dese partido nas [[Eleccións Xerais 1982 en España|eleccións xerais de 1982]], Victorino Núñez forma parte do núcleo fundador de [[Centristas de Ourense]], abrocho á súa vez de [[Coalición Galega]].
 
Despois do derramederramo cerebral que afecta a Euloxio Gómez Franqueira e que deixa a [[Coalición Galega]] sen un liderado claro, Vitorino Núñez abandonaría ese partido en [[1985]] para recompoñer o grupo inicial baixo o nome de [[Centristas de Galicia]]. Esta pequena formación, con implantación fundamentalmente na [[provincia de Ourense]] presentouse a varios comicios coaligada co [[Partido Popular]], no que finalmente terminaría por integrarse.
 
Tras as [[Eleccións Xerais 1986 en España|eleccións lexislativas de 1986]] obtivo un escano no [[Senado español|Senado]], do que tomou posesión o [[22 de xuño]] e en outubro de [[eleccións Xerais 1989 en España|1989]] saíu elixido deputado no [[Congreso español|Congreso]]. En [[1990]] saíu elixido deputado no [[Parlamento de Galicia]], e mercé aos acordos entre a súa formación e o Partido Popular foi escollido [[presidente do Parlamento de Galicia|presidente do Parlamento]] durante sete anos (entre [[1990]] e [[1997]]), correspondentes á terceira e cuarta lexislaturas.