Luis Antón del Olmet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe
Liña 5:
Estudou Dereito Universidade de Madrid e conseguiu unha praza na Delegación de Facenda da [[A Coruña|Coruña]] en [[1906]]. Xa se iniciara como xornalista en ''La Época'' de Madrid e cando chegou á Coruña incorporouse á redacción de ''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]''. A principios de [[1908]] regresou a Madrid, onde se mantivo vinculado ao ambiente galego, tanto á revista ''[[Galicia (Madrid)|Galicia]]'' (dirixida por [[Basilio Álvarez]]) coma ao Centro Galego. Asistiu ao faladoiro do Excelsior e foi un dos fundadores do movemento agrario de [[Acción Gallega]]. Dirixiu, xunto a [[Prudencio Canitrot]], a "[[Biblioteca de Escritores Gallegos]]", na que publicou ''El encanto en sus manos'' (1909). En ''[[Acción Gallega (revista)|Acción Gallega]]'' realizou a descrición dos principais líderes do agrarismo solidario coruñés ([[Lugrís Freire]], [[Joaquín Martín Martínez]], [[Juan Golpe]], [[Rodrigo Sanz]]). En 1910 entrou na primeira redacción de ''[[El Debate]]'' xunto cos galegos Basilio Álvarez, [[Alfonso Alcalá Martín]] e [[Rafael Carvajal]]. Participou xunto aos agrarios na constitución da [[Liga Agrario-Redencionista]] e nas relacións cos homes da [[Lliga Regionalista]] e con [[Cambó]]. Nesa época comezou a súa vida turbulenta, con duelos cos redactores de ''El Radical''. En 1911 colaborou tamén en ''[[Mi Tierra (Ourense)|Mi Tierra]]'' de [[Ourense]].
 
[[Ficheiro:Luis Antón del Olmet 1909.jpg|miniatura|175px|Luis Antón del Olmet, retrato en ''[[Vida Gallega]]'', 1909.]]
En 1912 iniciou a súa carreira política, pasou a inspirar o maurismo agrario de Padrón, colaborando con artigos ideolóxicos en ''[[El Barbero Municipal]]'', semanario conservador de [[Rianxo]]. Un ano máis tarde publica ''El hidalgo don Tirso de Guimaraes'' con portada de [[Castelao]].
 
Liña 58 ⟶ 59:
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Luis Antón del Olmet}}
=== Bibliografía ===
* [http://ifc.dpz.es/recursos/publicaciones/30/27/estudiointro.pdf "El ''Costa'' de Luis Antón del Olmet, o la interesada biografía al uso periodístico de un ex datista" / Juan Carlos Ara Torralba]