Diferenzas entre revisións de «Maionesa»

(→‎Preparación: homónimo)
 
== Etimoloxía ==
O termo maionesa entra no galego a través do [[Lingua francesa|francés]]: ''mayonnaise''. En castelán tamén se emprega, ademais de ''mayonesa'' a verbapalabra ''mahonesa'', e é que despois de moitas especulacións históricas, demostrouse que ''maionesa'' provén de ''maonesa'', xentilicio de [[Maó]] (Menorca). A primeira documentación escrita do mollo está incluída en 19 receitas, previas á ocupación francesa, do manuscrito de [[Fra Roger]] publicado polo [[Institut Menorquí d'Estudis]] co título ''[[Art de la Cuina]]''. O seu nome neste libro era ''aioli bo''.
 
Semella que era unha variante do [[alioli]], moi popular e con máis prestixio (pola incorporación dos ovos) nas Baleares e máis concretamente na illa de Menorca. Os comerciantes que paraban na illa falaban dun mollo coma o alioli que comeran en Maó, ao estilo de Maó, dunha salsa maonesa. O mollo espallouse polo resto da costa mediterránea ibérica, non sempre considerada como un mollo a parte senón frecuentemente coma parte dalgúns pratos precisos, que son os que realmente foron copiados ao inicio. Posteriormente tamén noutras terras mesturábase este mollo en novos pratos e ingredientes.
1.721

edicións