Máquina de vapor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
algo máis
Liña 29:
Nos albores do século XVIII tódolos elementos necesarios da máquina de vapor foran inventados e aplicados exitosamente con diferentes propósitos e a natureza da presión atmosférica e da presión dos gases era comprendida, así como se coñecía o baleiro e a forma de obtelo mediante a condensación do vapor. Faltaba soamente o enxeñeiro que combinara os coñecementos prácticos e teóricos dispoñibles nunha máquina que fose capaz de aproveitar o poder do vapor de forma económica e este foi [[Thomas Newcomen]] quen co seu axudante [[John Calley]] inventou unha nova máquina que denominou ''Máquina de vapor atmosférica'' (1712).
 
A máquina constaba dun xerador de vapor, cilindro e pistón onde se condensaba o vapor inicialmente mollando a súa superficie con agua fría e posteriormente inxectando no seu interior un chorro de agua e conseguindo así ata 10 o 12 golpes por minuto. O émbolo movía a súa vez a través dun mecanismo de panca as bombas que se empregaban na extracción da agua das minas. Salvo a automatización das válvulas introducida polo xovenxove [[Humphrey Potter|Potter]], a máquina de Newcomen non sufrió modificacións de importancia durante anos. Máis tarde [[John Smeaton]] estudou experimentalmente as proporcións máis adecuadas da máquina de Newcomen determinando que os cilindros debían ser de maior lonxitude cós que se viñan empregando e que polo xeral as caldeiras eran demasiado pequenas. En 1774 construíu en Long Benton a primeira máquina deste tipo.
 
A mediados do século XVIII a máquina de Newcomen empregábase extensivamente nos distritos mineiros de Inglaterra e exportárase a outros países europeos, así a todo o elevado consumo de combustible que esixía o seu funcionamento dificultou a súa aplicación noutras actividades industriais ou nona subministrosubministración de auga potable, a pesar diso, incluso despois da invención de Watt seguíronse construíndo.
 
=== Máquina de expansión ===