Diferenzas entre revisións de «Curry»

sen resumo de edición
O '''curry''' é unha mestura de [[especia]]s que se emprega na [[India]] para [[guiso]]s ou [[estufado]]s con [[mollo]], comercializadas orixinalmente na [[Inglaterra]] e nos [[Países Baixos]]. Así mesmo, refírese ós pratos preparados con este [[mollo]]. A palabra ''curry'' deriva de ''kari'', que significa "mollo" en [[Lingua támil|támil]].
 
As especias que a miúdo adoitan incluírse na mestura do curry son: [[Chile (planta)|chile]], [[asubioteOcimum basilicum|alfábega]], [[carvea]], [[azafrán|sasafrán]], [[canela]], [[cardamomo]], [[cebola]] seca, [[apio]], [[coandro]], [[comiño]], [[cúrcuma]], [[alforfa]], [[xenxibre]], [[mostaza branca|mostaza]], [[noz moscada]], [[Capsicum annuum|pementa de caiena]], [[pementa]], [[tamarindo]]. O curry varía de rexión en rexión e a súa cor depende da mestura de ingredientes.
 
Na [[gastronomía de China]] emprégase un curry chamado ''po dos cinco sabores'' ou ''po de cinco especias'', que mestura cinco ingredientes (cúrcuma, comiño, pemento, canela e cardamomo). É coñecido como "''Um Gion Fan''"(cinco sabores) e é moi utilizado na preparación de diversos pratos, achegando moito sabor e arrecendo.
36.445

edicións