Xosé (fillo de Xacob): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Sen resumo de edición
Liña 1:
:''Este artigo trata sobre o personaxe do Antigo Testamento, para o pai terrenal de Xesús Cristo véxase: '''[[Xosé de Nazaret]]'''.''
[[Ficheiro:Tissot Joseph and His Brethren Welcomed by Pharaoh.jpg|dereita|thumb|250px| ''O [[faraón|faraón de Exipto]] dállela benvida a Xosé e mailos [[hebreos]]'' (acuarela de [[James Tissot]]).]].
'''Xosé''' (nado en [[Canaán]] aprox. século XIV a.E.C. e finado en [[Exipto]] no século XIII a.E.C.<ref>[Segundo a Biblia, Xénese)</ref> foi un dos doce fillos de [[Xacob]] segundo o relato bíblico do libro da [[Xénese]] (Xene. 35:22). Foi o fillo preferido de seu pai e seus irmáns envexábano por isto. A súa nai foi [[Raquel]]. Logo de acoller a todo Israel, e a través de seus fillos Efraín e Manasés, a casa de Xosé constituíu unha das doce Tribos de Israel e chegou a posuír un territorio relativamente extenso.
 
Liña 6:
 
== Libro da Xénese ==
[[Ficheiro:Diego_Velázquez_-_Joseph's_Bloody_Coat_Brought_to_Jacob_-_WGA24378.jpg|miniatura|275x275px|[[Diego Velázquez]], ''A túnica de Xosé.'' 1630. ([[Mosteiro do Escorial|Mosteiro del Escorial]], [[Madrid]]).]]
Xosé (ou ''Iosef'', en hebraico) foi o undécimo fillo dos doce que tivo Xacob e foi á súa vez devanceiro de Efraín e Manasés. A nai de Xosé foi Raquel. Xacob amábao máis ca os seus outros fillos e iso produciu a envexa de seus irmáns. Xosé tiña á súa vez soños nos que aparecía alzado por riba destes e predicindo o que ía suceder no futuro. Por ser o favorito e quen Xacob quería que fose o seu sucesor, o terzo patriarca hebraico elaboroulle unha túnica de cores que o distinguía, feito que amolou aínda máis a seus irmáns, que buscaron logo unha ocasión para se vingaren. Un día seus irmáns levaron aos seus animais a pacer nun lugar afastado das súas tendas. Ao pasar o tempo e ver que non regresaban, Xacob enviou a Xosé na súa procura e verificar que se atopaban ben. Os seus irmáns, ao ver de lonxe que viña Xosé, planearon matalo. Roibén, o máis vello, tentou convencelos de que non era boa idea. Pero cando Xosé chegou guindárono nun pozo de auga baleira e tivérono atrapado até decidir que facer con el. Ao día seguinte pasou por ese lugar unha caravana de mercadores que se dirixían cara Exipto e os irmáns de Xosé vendérono como escravo. De regreso con Xacob, mentiron ao patriarca dicindo que só atoparan a túnica de Xosé, a cal enchouparon en sangue de año para lle faceren crer a Xacob que fora atacado por un lobo, besta que supostamente o matou. Xacob chorou a morte do seu querido fillo desconsoladamente. Así foi como Xosé partiu de [[Canaán]] para chegar despois a [[Antigo Exipto|Exipto]].
 
== Vida en Exipto ==
[[Ficheiro:José_y_la_mujer_de_putifar_de_Antonio_María_Esquivel.JPG|miniatura|202x202px|[[Antonio María Esquivel]], X''oséXosé e a dona de Potifar'', [[1854]]. (Museo de Belas Artes de Sevilla).]]
Alí foi vendido e levado á casa de Potifar. Este, ao ver que Xosé sabía ler e manexaba os números (que seu pai lle aprendera), confioulle a administración da súa casa e converteuse na man dereita de Potifar. Na xeira coma escravo traballaba arreo e sempre confiando en que Deus algún día devolveríao á súa terra con seus pais e seus irmáns. Co traballo de escravo Xosé converteuse nun mozo rexo, e a dona de Potifar, que quedaba na casa cando este saía, fixouse nel e tentou seducilo.
 
Liña 25:
 
== Interpretación dos soños de Faraón ==
[[Ficheiro:Alba_Bible_49r.l.jpg|miniatura|250x250px|''Biblia de Alba'', manuscrito miniado sefardí, biblia hebraica traducida ao romance, 1422-1433, fol. 49r: Xosé interpreta os soños de Faraón en Exipto. Inscrición: "Figura de Xosep coa súa roquete labrado a escaques".]]
[[Ficheiro:Joseph_Overseer_of_the_Pharaohs_Granaries.jpg|miniatura|250x250px|''JXsé—Supervisor de Celeiros do Faraón'', óleo, 1873 ([[Lawrence Alma-Tadema|L. Alma Tadema]]).]]
[[Ficheiro:Tissot_Joseph_Dwells_in_Egypt.jpg|miniatura|250x250px|Tissot, X''osé reside en Exipto'', acuarela decimonónica de James-Jacques Tissot. Museo Xudeu de Nova York.]]
Ao cabo de dous anos, o Faraón soñou que se atopaba na beira do [[Río Nilo|Nilo]], e da auga saían sete vacas grosas e fermosas que se puxeron a pacer na beira, mais entón saíron da auga outras sete vacas, laidas e fracas, que devoraron as primeiras. O Faraón acordou, e ao volverse durmirsoñou que dunha cana de trigo agromaban sete espigas vizosas e cheas de gran, pero tras delas agromaban outras sete espigas, baleiras e queimadas polo vento do deserto, que devoraron ás primeiras. Ao día seguinte, o Faraón atopábase nervioso e atormentado polos seus soños, porén por máis que preguntaba aos seus adiviños e a todos os sabios do [[Antigo Exipto|Exipto]], ningún sabía como interpretalos.
 
O copeiro lembrouse entón de Xosé (cando se atopaba na cadea) e contoulle a Faraón o ocorrido no cárcere. Así pois, o Faraón mandou chamar a Xosé á súa presenza. Cando sacaron a este do cárcere, cortáronlle o pelo e déronlle roupas novas antes de presentarse perante o Faraón. Este díxolle: "Tiven un soño e non hai quen mo interprete, e ouvín falar de ti, que en canto ouves un soño interprétalo". Xosé respondeu á súa vez: "Non eu; [[Deus]] será o que dea unha resposta favorábel ao Faraón". O Faraón dixo entón a Xosé: "Este é o meu soño: estaba eu na ribeira do río, e vin subir do río sete vacas gordas e fermosas, que se puxeron a pacer no mato da beira, e velaquí que trás delas soben outras sete vacas, más, laidas e fracas, como non as vin de más en toda a terra de Exipto, e as vacas febles e feas coméronse as primeiras sete vacas gordas, que entraron no seu ventre sen que se coñecese que entrara, pois o aspecto daquelas seguiu sendo tan mao como ao principio. E acordei. Vin tamén en soños que saían dunha mesma cana sete espigas selectas e fermosas, e que saían despois delas sete espigas más, secas e queimadas do vento, e as sete espigas secas devoraron as sete vizosas. Conteillo aos adiviños, e non houbo quen mo explique".
 
JXoséXosé dixo ao Faraón: "O soño do Faraón é un só. Deus deu a coñecer ao Faraón o que vai facer. As sete vacas fermosas son sete anos, e as sete espigas fermosas son sete anos de riqueza e abundancia. As sete vacas fracas e más que subían detrás das outras son outros sete anos, e as sete espigas secas e queimadas do vento son sete anos de fame. É o que dixen ao Faraón, que Deus mostroulle o que fará. Virán sete anos de grande abundancia en toda a terra de Exipto, e detrás deles virán sete anos de escaseza, que farán que se esqueza toda a abundancia na terra de Exipto, e a fame consumirá a terra. Non se coñecerá a abundancia na terra por mor da escaseza, porque esta será moi grande. Canto á repetición do soño ao Faraón por dúas veces, é que o suceso está firmemente decretado por Deus e que Deus se apresurará a facelo. Agora, pois, procure o Faraón un home intelixente e sabio, e póñao á fronte da terra de Exipto. Nomee o Faraón intendentes, que visiten a terra e recollan o quinto da colleita da terra de Exipto nos anos de abundancia; reúnan o produto dos anos bos que van vir, e fagan provisión de trigo a disposición do Faraón, para mantemento das cidades, e consérveno para que sirva á terra de reserva para o sete anos de fame que virán sobre Exipto, e non pereza de fame a terra".
 
Todos pareceron conformes coas palabras de Xosé, e o propio Faraón, impresionado por iso, dixo: "Ti serás quen goberne a miña casa, e todo o meu pobo obedecerache; só polo trono serei maior que ti". Devandito isto, o Faraón tirou o seu anel e púxollo a Xosé, mandou que o vestisen con roupas brancas de liño, puxo no seu pescozo un colar de ouro e ordenou que, cando Xosé montase sobre o segundo dos carros do Faraón, berrasen ante el a expresión de reverencia ''Abrek'' e que se lle chamase ''Zafnat Paneaj'', que significa aproximadamente "Deus falou e el veu á vida". Finalmente, o Faraón entregoulle por esposa a Asenat, filla de Potifera, sacerdote de On.
Liña 57:
 
== Ligazóns externas ==
* ''[[m:s:es:Sueños del faraón|SoñosSueños dodel faraón]]'' de Calderón de la Barca en es.Wikisource
* ''[[m:s:es:Interpretación de José|Interpretación de José]]'' de Calderón de la Barca en es.Wikisource
* [[Pedro Calderón de la Barca|CALDERÓN]].
* [http://www.jewishencyclopedia.com/articles/8803-joseph Jewish Encyclopedia]
* [http://www.ou.org/judaism-101/glossary/yosef/ Orthodox Union]
* [http://www.bbc.co.uk/religion/religions/judaism/history/joseph.shtml BBC]
 
[[Categoría:Personaxes do Antigo Testamento]]
[[Categoría:Mitoloxía cristiá]]
[[Categoría:Personaxes bíblicos]]
[[Categoría:Personalidades do xudaísmo]]