Testamento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
Un '''testamento''' é o [[documento]] mediante o cal o testador (persoa que outorga testamento) expón a súa vontade de establecer o [[futuro]] das súas propiedades ''mortis causa'' (expresión [[Latín|latina]] que quere dicir "por causa da morte") e explica a forma en que se ha de dividi-ladividir a súa [[herdanza]] e a quen se lle ha de entregar cada parte. No testamento, o testador debe designar ós [[herdeiro]]s, persoas que ademais de recibir unha porción das propiedades do defunto, xestionan a sucesión. Ademais de todo o dito, o testador ten a posibilidade de asignar a herdeiro ou a cada legatario unhas cuotas, de tal forma que reciban unha parte das propiedades sen especificar cales.
 
== Clases ==
Liña 13:
* O '''[[testamento mancomunado]]''' propio do costume galego e incorporado á [[Lei de Dereito civil de Galicia]], é o outorgado por varias persoas na mesma escritura ante notario, na mesma forma que o testamento aberto. O testamento mancomunado regulado en [[Galicia]] corresponde aos cónxuxes que testan conxuntamente. Neste caso pódense incluír disposicións correspectivas, que son aquelas nas que os testadores dispoñen dun ben común para o supervivente á morte do outro.
* O '''[[testamento por comisario]]''' é aquel no que o testador delega a capacidade de testar noutra persoa, habitualmente o cónxuxe, mediante escritura pública na que ademais pode imporlle ó comisario algunhas condicións, tales como a duración da delegación, a disposición de certos bens, a institución obrigatoria de herdeiros etc.
 
=== Testamentos especiais ===
O Código civil establece unha serie de testamentos que considera especiais debido ás circunstancias nas que se outorgan:<ref name=NotJur>{{cita web|url=http://noticias.juridicas.com/base_datos/Privado/cc.l3t3.html|título=Real Decreto de 24 de julio de 1889|dataacceso=11 de xuño de 2016|lingua=castelán}}</ref>
* O '''[[testamento militar]]'''
* O '''[[testamento marítimo]]'''
* O '''[[testamento feito en país estranxeiro]]'''
 
Estes tipos de testamento só poden ser utilizados cando concorran as circunstancias especiais para os que están previstos. Este tipo de testamento exixe ademais a mesma capacidade ao testador que nos comúns, así como a constancia dunha auténtica vontade testamentaria detrás dos actos constitutivos do seu outorgamento.{{Harvnp|Bercovitz|pp=144}}
 
== Requisitos para testar ==
Liña 33 ⟶ 41:
 
Asemade, en previsión de que o testamenteiro abandone renuncie ó seu cargo, ou sexa cesado, pode determinar unhas persoas como substitutas. En todo caso, aínda sendo voluntario exercer de testamenteiro, o que renuncie perderá os seus dereitos na herdanza, excepto disposición en contrario do testador.
 
== Caducidade do testamento ==
A caducidade do testamento supón a súa ineficacia nos casos que prevé o art. 743 do [[Código civil de 1889]].
{{Cita|Caducarán os testamentos, ou serán ineficaces en todo ou en parte as disposicións testamentarias, só nos casos expresamente previstos neste Código|Artigo 743<ref name=NotJur/>}}
 
Caducarán polo simple transcurso do tempo os testamentos outorgados en circunstancias especiais, e de xeito excepcional, cando unha vez desaparecidas estas circunstancias que xustifican a forma especial, non foran substituídos por forma ordinaria: o outorgado en inminente perigo de morte, o outorgado en epidemia, os testamentos militares e marítimos ordinarios e os extraordinarios.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
*{{cita libro|título=Manual de Derecho Civil. Sucesiones|apelidos=Bercovitz|nome=Rodrigo|ano=2015|lingua=castelán|editor=Bercal}}
 
[[Categoría:Dereito civil]]