Nivel macroscópico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
crear páxina
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
Na [[física]], o nivel macroscópico é o nivel de descrición no que a posición particular ou estado físico das partículas que compoñen un corpo pode ser resumida nunha ecuación de estado que inclúe só [[magnitudes extensas]] (volume, lonxitude, masa) e [[magnitudes intensivas]] (presión, temperatura). Normalmente, debido ao gran tamaño do sistema poden desprezarse os efectos cuánticos e pode usarse a física estatística e as [[leis de Newton]] como unha boa aproximación.
 
Ademais, a enerxía total do sistema pode ser considerada como unha magnitude continua, no canto de como unha magnitude cuantizada. Estendendo a definición fálase de obxecto fenómeno macroscópico cando as dimensións xeométricas ou a cantidade física supera un determinado tamaño. Normalmente, todos os obxectos visibles a simple vista son a todos os efectos macroscópicos, ao contrario dos obxectos microscópicos e fenómenos microscópicos non visibles a simple vista e onde a mecánica cuántica pode desempeñar un papel importante na súa descrición.