Vacaloura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
image
m Arranxos varios using AWB
Liña 21:
A larva deste insecto pasa de un a cinco anos alimentándose de [[madeira]] en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes [[carballo (árbore)|carballos]], e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos. As [[larva]]s desta especie teñen un apetito moi voraz: de tan só un gramo de peso, poden comer nun só día 22,5 centímetros cúbicos de madeira. As larvas alcanzan un tamaño cosiderábel, chegando incluso a 10 centímetros de longo.
 
Os adultos aliméntanse do [[zume (botánica)|zume]] das [[árbore]]s e de zume de froitas maduras. A vida trala metamorfose é moito máis curta cá da larva: tan só de quince días a un mes. Poden voar, alcanzando velocidades de ata 6  km/h.
 
Existen diversas teorías sobre como se aparean, aínda que a máis probable é que os machos se agrupen en torno ás femias e as disputen en combates que poden chegar á morte dun dos contrincantes.
Liña 39:
 
== A vacaloura na cultura popular galega ==
Os cornos da vacaloura, por similitude cos cornos dos animais domésticos ou os dentes cairos do [[porco]] ou do [[xabaril]] ou os esporóns dos [[galiña|galos]], todos eles armas de defensa, son considerados en Galicia amuletos protectores e moi usados para protexerse contra as [[meiga]]s e o [[mal de ollo]] <ref> RODRÍGUEZ LÓPEZ:140, 202; CURT; CAMBADOS:66; RISCO:82; LENCE-SANTAR:130).</Refref>. Lévanse no peto ou colgados sobre o peito, dentro dunha bolsiña; no caso dos [[meniño]]s, un destes cornos atado no pulso protéxeos contra o ''enganido'' ([[raquitismo]]).
 
::''Non teño medo ós teus ditos''
Liña 48:
Usados con este fin protector coñécense tamén como ''licorno'' e ''alicorno''. En [[Ponte Caldelas]] botan o corno nun cacharro con auga e poñen a parte enferma por riba deste: se se debe a un ''aire de animal inmundo'', do corno botarán gurgullas subindo á superficie <ref>LIS QUIBÉN:38.</ref>.
 
Botando un destes cornos na auga na que se amasa o [[pan]], crese que leveda máis. <ref>RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. ''anel''</ref>.
 
O ''anel de alicorno'' é aquel que se fai engarzando un fragmento de corno de vacaloura. Crese que se se remexe coa man a comida dos [[porco]]s, coa anel posto, estes non enfermarán <ref>RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. ''anel''. Na voz ''alicornio'', non obstante, defíneo como o cairo de xabaril cunha base de prata, utilizado como amuleto para curación milagreiras. Quizais de aí veña a denominación cruzada do corno da vacaloura como ''dente de alicornio''.</ref>. Este anel tamén protexe ó portador contra o mal de ollo e as enfermidades.
Liña 60:
::''con fiuncho e con ruda dos arredores,''
::''da ermida feituqueira da Virxen loura''
::''pra facer un feitizo pros meus amores.''
 
Crese tamén que as femias poden aforca-los pitos coas mandíbulas, de onde reciben o nome popular de ''escornapitos'' <ref>CURT. Este autor comenta que tamén en Cataluña se cre o mesmo, o que explica os nomes cataláns de ''escachapullets'' ou ''aforcapolos''.</ref>.