Diferenzas entre revisións de «Escorpións»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
*[[Scorpionoidea]]
}}
O '''escorpión''' ou '''alacrán''' é un animal [[invertebrado]] [[artrópodo]] (con patas formadas por varios segmentos) que pertence á orde ''Scorpiones'' estando encadrado na clase dos [[arácnido]]s.
 
== Etimoloxía e orixes ==
Os escorpións son animais [[terrestre]]s que prefiren lugares secos ou húmidos e poden ser atopados en [[deserto]]s, [[sabana]]s, [[Cerrado (ecosistema)|cerrado]]s, [[floresta]]s temperadas e tropicais, en hábitats que poden ser debaixo de follas, [[pedra]]s, madeiras, fendas de [[rocha]], debaixo ou dentro de tixolos, baixo entullos de calquera natureza ou mesmo baixo cascas soltas de [[árbore]]s, no baixo ou en grandes alturas destas. Algunhas especies poden ser atopadas en covas humanas, dormentes de [[ferrocarril|ferrocarrís]], ao longo das [[praia]]s, na zona entre mareas ou en [[caverna]]s.
 
Existen escorpións en todos os [[continente]]s, excepto na [[Antártida]]. Atopamos especies nos [[Alpes]] suízos e [[Europa]] en xeral, no [[México]], [[Estados Unidos da América|Estados Unidos]] e [[Canadá]], na [[América do Sur]] en xeral, entre lixo e entullos das pequenas e grandes cidades, no [[Amazonia|Amazonas]], na [[Oceanía]], no norte do [[Mediterráneo]], no [[Oriente Medio]], na [[India]], no norte e sur da [[África]] e [[Asia]].
 
Son animais [[carnívoro]]s e teñen xeralmente hábitos nocturnos e crepusculares, cando cazan e se reproducen. A súa alimentación está baseada en [[insecto]]s tales como como [[Grilo (insecto)|grilos]], cascudas, [[moscas]] e tabáns, e tamén doutro aracnídeo, a [[araña]]. Unha curiosidade é o feito de que, en tempos de escaseza completa de alimento, practican o [[canibalismo]] para sobreviviren, ou sexa, devoran os seus semellantes. Os escorpións conseguen comer cantidades inmensas de alimento, mais só precisan inxerir un 10% da comida que necesitan, podendo pasar ata un ano sen comer e consumindo pouquísima auga, case nada durante a súa vida enteira.
== Veleno e toxicidade ==
 
O ferrón do escorpión (chamado ''telson''), alén de servir para agarrar a presa, defenderse e aparearse, inocula na presa un [[veleno]]. Este veleno contén unha serie de substancias cuxa composición química non está ben definida, pero que contén [[toxina|neurotoxinas]], [[histamina]]s, [[serotonina]], [[encima]]s, inhibidores de encimas e outras. Parece, segundo os investigadores, que as neurotoxinas actúan sobre as [[célula]]s nerviosas da presa (arañas e insectos), cunha certa especificidade, dependendo do tipo de animal.
 
É interesante saber que a toxicidade do veleno dun escorpión pode ser comparada co tamaño dos seus pedipalpos (o equivalente ao brazo humano do escorpión); canto máis robustos son os pedipalpos, menos veleno utiliza para as súas presas e canto menores eles foren, máis letal é o veleno do escorpión.
* Use teas e vedantes en portas e ventás;
* Crie aves domésticas en zonas rurais, que actúan como predadores naturais;
* En áreas sabidamente escorpiónicas, manteña as camas a unha distancia mínima de 10  cm das paredes.
 
== E se houber un accidente? ==
 
Se aínda así un accidente con escorpións ocorrese, primeiro debese evitar o [[pánico]], lavar a zona con auga e xabón, aplicar compresas de [[auga]] morna e procurar un [[médico]].
 
O ser humano, despois de ser picado, pode ter [[hipotermia]] ou [[hipertermia]], [[sudoración]] profunda, visión embazada, [[náusea]]s, [[vómito]]s, dor abdominal, [[diarrea]], [[arritmia]]s cardíacas, choque, [[taquipnea]], [[edema]] [[pulmón|pulmonar]] agudo, axitación, somnolencia, confusión mental e tremores, alén de inchazo e vermellez no lugar da picada.
 
Saliéntase que a toxidade do veleno depende de diversos factores, tales como a especie do escorpión (de 1.600 especies catalogadas apenas 25 son velenosas para o home); a cantidade de veleno inxectada; o tamaño e o estado físico da vítima.
 
Atención especial para [[neno]]s e [[enfermo]]s: mentres que as crianzas teñen máis posibilidades de envenenamento porque posúen menor masa corporal, os enfermos tamén caen nesta situación xa polo estado natural da vellez. Xa se constataron casos de persoas alérxicas ao veleno do escorpión, nestes casos o veleno actúa moi axiña, podendo levar a vítima á morte en pouco tempo.
393.002

edicións