Dominio de primeiro nivel xeográfico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
Un '''Dominio de primeiro nivel xeográfico''' ('''ccTLD''') é un [[dominio de Internet]] usado e reservado para un [[país]] ou [[territorio dependente]].
 
Existen uns 243 ccTLD, cunha lonxitude de dous ou tres caracteres, a maioría ó [[estándar de código de países ISO 3166-1]]. Cada país designa xestores para seus ccTLT, por exemplo [[Cataluña ]] ([[.cat]]), [[Italia]] ([[.it]]) ou [[Alemaña]] ([[.de]]).
 
== Códigos ISO 3166-1 non utilizados como ccTLD ==
Liña 13:
 
* [[.uk]] ([[Reino Unido]]): O código ISO 3166-1 para o Reino Unido é GB, pero [[JANET]] xa seleccionara uk como un identificador de nivel superior para un esquema de nomes preexistentes, e así foi incorporado ós ccTLD [[.gb]] foi asignado coa intención de realizar unha transición, pero esta nunca se fixo e .uk afianzouse.
 
* [[.su]] (código ISO 3166-1 obsoleto para a [[Unión Soviética]]). No [[2001]] comezábanse a aceptar novos rexistros para este [[Dominio de internet|dominio]], pero non está claro se isto é compatíbel coa política da [[ICANN]].
 
* [[.eu]] ([[Unión Europea]]): no ano [[2000]] a [[ICANN]] decidiu permiti-lo uso de calquera código de dúas letras da lista de reserva da ISO 3166-1. [[.eu]] foi lanzado como ccTLD o [[7 de decembro]] de [[2005]].
 
* [[.tp]] (anterior código ISO 3166-1 para [[Timor Oriental]]): retirarase a favor do [[.tl]] durante o [[2005]].
 
* [[.yu]] (anterior código ISO 3166-1 para [[Serbia e Montenegro]], cando aínda era coñecida como [[Iugoslavia]]): Retirarase a favor do [[.rs]].