Dereitos do neno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 83.38.82.162 (conversa); cambiado á última versión feita por Angeldomcer
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Ninos campesinos khmer.jpg|dereita|330px]]
Os '''Dereitos do Neno''' (ou ''Dereitos da Infancia'') son [[dereitos humanos|dereitos]] que posúen os [[neno]]s, [[neno|nena]]s e [[adolescente]]s polo simple feito de nacer. Son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa [[infancia]].
 
==Antecedentes==
A primeira declaración de dereitos do [[neno]], de carácter sistemática, foi a [[Declaración dos Dereitos do Neno]] de [[1924]], redactada por [[Eglantyne Jebb]] fundadora da organización internacional [[Save the Children]] , que foi aprobada pola [[Sociedade de Nacións]] o [[26 de decembro]] de [[1924]].
 
As [[Nacións Unidas]] aprobaron en [[1948]] a [[Declaración Universal dos Dereitos Humanos]] que, implicitamente, incluía os dereitos do neno, porén, posteriormente chegouse ó convencimento de que as particulares necesidades dos [[neno]]s debían estar especialmente enunciadas e protexidas.
 
Por iso, a [[Asemblea Xeral das Nacións Unidas|Asemblea Xeral da ONU]], aproba en [[1959]] unha [[Convención sobre os Dereitos do Neno]], que constaba de 10 principios, concretando para os [[neno]]s os [[dereitos humanos|dereito]]s contemplados na [[Declaración Universal de Dereitos Humanos]]. Seis anos antes decidira que o [[Fondo de Nacións Unidas para a Infancia|Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para os nenos]] ([[UNICEF]]) continuara os seus labores coma organismo especializado e permanente para a protección da infancia (denominándoo oficialmente [[Fondo das Nacións Unidas para a Infancia]]).