Diferenzas entre revisións de «María José Alonso»

m
Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
m (Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB)
En [[1981]] licenciouse en [[Farmacia]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]], e en [[1985]] acadou o doutorado. Nese mesmo ano foi nomeada profesora axudante do Departamento de Tecnoloxía Farmacéutica de dita Universidade. É docente deste departamento desde entón, como [[ensino|catedrática]] desde [[1998]].
 
Nos anos [[1986]]-[[1987|87]] iniciou a súa actividade no campo das [[nanopartícula]]s como sistemas de fármacos na [[Universidade de París]] XI. En [[1988]] traballou como investigadora na Universidade de Angers, onde foi científica visitante, e no [[Instituto Tecnolóxico de Massachussets]] ([[1991]]-[[1992|92]] e [[2012]]).
 
Foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC desde [[2006]] até [[2010]].<ref name=MJA>[http://webspersoais.usc.es/persoais/mariaj.alonso/cvmj1.html#bio ''Curriculum Vitae'' de M. J. Alonso].</ref>
Dirixiu 25 proxectos financiados por institucións públicas, entre eles varios proxectos europeos e financiados por institucións internacionais como a [[OMS]] e a ''Bill & Melinda Gates Foundation''. É autora de 97 publicacións científicas en revistas internacionais de alto impacto na área da liberación de fármacos, de dezasete capítulos de libros e de oito patentes.<ref>[http://webspersoais.usc.es/persoais/mariaj.alonso/publications.html Lista de publicacións (1982-2014)] na páxina web de M. J. Alonso na [[USC]].</ref> Así mesmo, ten participado como conferenciante invitado en trinta congresos internacionais.
 
Foi membro do comité científico e organizador de numerosos congresos e cursos de ámbito internacional e fundadora e presidenta da Sociedade Hispano-Portuguesa de Liberación Controlada (1995). É a coordinadora da Rede Temática de Investigación en Sistemas de Liberación de Moléculas Activas (SLMA). Por iniciativa da Sociedade Europea para a Ciencia (NSF), liderou grupos de traballo sobre a Nanomedicina, e é responsable da división de educación e comunicación da ''Plataforma Tecnológica Española de Nanomedicina''.
 
É fundadora da asociación ''Spanish Portuguese Chapter of the Controlled Release Society'' e presidenta da súa xunta directiva (1995-97), así como secretaria da mesma (1997-2000), ''Governor'' da ''Controlled Release Society Inc.'' (1995-98), membro de ''Board of Pharmaceutical Sciences'' da ''International Pharmaceutical Federation'' (1998-2000), membro de ''Scientific Advidsory Board'' da ''Association de Pharmacie Galénique Industrielle'' (1997-2000) e pertence á ''European Federation for Pharmaceutical Sciences''.
 
Así mesmo, e membro do comité editorial das seguintes revistas internacionais: ''Pharmaceutical Research'', ''Journal of Controlled Release'', ''International Journal of Pharmaceutics'', ''European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics'', ''European Journal of Pharmaceutical Sciences'', ''Drug Development and Industrial Pharmacy'', ''Drug Delivery Sciences & Technologies'' e ''J. Microencapsulation''.
 
M. J. Alonso está incluída na clasificación dos dez maiores expertos mundiais en farmacoloxía e toxicoloxía, elaborado polo ''Times Higher Education'', co que se converteu na primeira española en alcanzar este posto.<ref name=VG1/> <ref name=VG2/>
 
A profesora Alonso é membro da [[Academia de Farmacia de Galicia]], da [[Real Academia Galega de Ciencias]],<ref>[http://www.ragc.cesga.es/gl/manan-ingresa-na-real-academia-galega-de-ciencias-da-ma-jose-alonso-fernandez Mañán ingresa na Real Academia Galega de Ciencias Da. Mª. José Alonso Fernández]{{sic}} Real Academia Galega de Ciencias.</ref> <ref>[http://www.bioga.org/maria-jose-alonso-ingresa-na-real-academia-galega-de-ciencias/ María José Alonso ingresa na Real Academia Galega de Ciencias].</ref> e da [[Real Academia Nacional de Farmacia]] de España.<ref>[http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/maria-jose-alonso-ingresa-academia-nacional-farmacia/idEdicion-2010-06-18/idNoticia-559337/ María José Alonso ingresa en la Academia Nacional de Farmacia] ''[[El Correo Gallego]]'', 18-6-2010.</ref>
 
== Premios ==
* [[1985]]: Premio Extraordinario de Doutorado en Farmacia, [[USC]].<ref name=MJA/>
* [[2011]]: Premio Jaume I de Novas Tecnoloxías.<ref name=VG1>[http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/06/08/0003_201106E8P56992.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz María José Alonso: «Galicia sí pinta algo en ciencia»]. ''[[La Voz de Galicia]]'', 8-6-2011.</ref> <ref>[http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/10/18/0003_201110S18C3993.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz La Reina Sofía entrega a María José Alonso el premio Jaime I de investigación] ''La Voz de Galicia''. Ed. Santiago, 18-10-2011.</ref>
* [[2011]]: Premio Nóvoa Santos.<ref name=VG2>[http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/10/12/0003_201110G12P38994.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz María José Alonso logra el premio Novoa Santos de los médicos gallegos] ''La Voz de Galicia'', 12-10-2011.</ref>
* [[2013]]: Premio Mª Josefa Wonenburger.<ref>[http://www.cesga.es/es/ver_nova/idnoticia/5178/p/806 María José Alonso galardonada con el Premio María Josefa Wonenburger Planells] Páxina web do [[CESGA]].</ref>
* [[2014]]: Premio Maurice-Marie Janot.<ref name=VG3>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/04/03/maria-jose-alonso-gana-premio-marie-janot/0003_201404G3P33991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz María José Alonso gana el premio Marie Janot (sic)] ''La Voz de Galicia'', 3-4-2014.</ref>
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
* [http://www.erasmusmundus-nanofar.eu/ NanoFar, Erasmus Mundus Joint Doctorate in nanomedicine and pharmaceutical innovation] [[USC]] {{en}}
 
{{ORDENAR:Alonso Fernandez, Maria}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Alonso Fernandez, Maria}}
[[Categoría:Nados en 1959]]
[[Categoría:Nados na provincia de León]]
393.002

edicións