Diferenzas entre revisións de «Conquilioloxía»

m
Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
(arranxiño)
m (Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB)
 
[[Ficheiro:Seashell vendor.jpeg|miniatura|220px|Un posto de venda de cunchas en [[Tanzania]].]]
[[Ficheiro:Musei Wormiani Historia.jpg|miniatura|220px|Lámina do ''Museum Wormianum'', ou gabinete de curiosidades de [[Ole Worm]] (1588–1654), médico e anticuario danés. No centro, no andel máis proximo ao chan, pódese ver a súa colección de ''conchilliata''.]]
A '''conquilioloxía''' é o estudo [[científico]] das [[cuncha]]s de [[moluscos]]. É unha rama da [[malacoloxía]]. Os conquiliólogos poden estudar as cunchas para conseguir entender a diversa e complexa [[taxonomía]] dos moluscos ou simplemente para aprecialas polo seu valor [[estética|estético]].
 
Esta definición ás veces se amplía (especialmente en [[Europa]]) para incluír o estudo dos moluscos, o que tecnicamente é a malacoloxía, ao mesmo tempo que inclúen outros [[invertebrados]] mariños, como os [[equinodermo]]s, os [[cnidarios]] e os [[crustáceos]].
 
A conquilioloxía ocúpase de todas as cunchas de moluscos; porén, as [[lura]]s e outros [[cefalópodos]] non teñen cunchas externas (coa excepción dos ''[[náutilo]]s''), xa que desenvolveron só un óso interno ou cuncha, utilizado para a flotación ou como soporte.
 
Algunhas especies perderon completamente o seu esqueleto (interno ou externo), mentres que algúns substituírono por unha estrutura de soporte cartilaxinosa. Debido a isto, os conquiliólogos ocúpanse principalmente dos [[gasterópodos]], os [[bivalvos]], os [[Polyplacophora|poliplacóforos]] de os [[Scaphopoda|escafópodos]].
 
== Etimoloxía ==
 
== Historia ==
A recolección de cunchas, actividade predecesora da conquilioloxía, remóntase até aos máis afastados tempos da humanidade: desde que houbo persoas que paseaban polas praias agunhas puideron recoller cunchas debido á súa beleza e tamén é posíbel que fose ao día seguinte a buscar máis. O feito de que moita xente xa estuviera usando os moluscos como unha fonte de alimentación, unido á súa abundancia, facilitou a súa introdución nas vidas das persoas.
 
Encontráronse colares de cunchas en [[Sitio arqueolóxico|asentamentos arqueolóxicos]] datados na [[Idade de Pedra]], algúns dos cales situados en áreas afastadas das costas indicando que foron obxecto dalgún tipo de comercio ou intercambio. Colares de cunchas e outras [[xoia]]s encóntranse na maioría das escavacións arqueolóxicas, incluíndo ruínas antigas [[aztecas]] e doutos [[amerindio|pobos amerindios]], da antiga [[China]] e do val do [[Indo]].
 
Durante o [[Renacemento]], a xente comezou a ter un maior interese na beleza de obxectos naturais para incluír nos seus [[gabinete de curiosidades|gabinetes de curiosidades]] ou ''cuartos de marabillas''. As cunchas convertéronse nunha gran parte desas coleccións.
 
Contra o final do [[século XVII]], a xente comenzou a ver as cunchas cun interese científico. [[Martin Lister]] entre [[1685]] e [[1692]] publicou a súa ''Historia Conchyliorum'', que foi o primeiro libro detallado sobre cunchas, con máis de 1 000 pranchas gravadas.
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
* [http://www.worldwideconchology.com/ CONCHOLOGY - The Art and Science of Nature]
* [http://shellmonster.com/ ShellMonster, unha colección particular]
 
 
[[Categoría:Moluscos]]
393.002

edicións