Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
}}
 
A dos '''monoplacóforos''' (''Monoplacophora'') é unha [[clase (bioloxía)|clase]] de [[molusco]]s moi primitivos de, [[simetría bilateral]], caracterizados por teren unha única [[cuncha]] semellente á das [[Lapa (molusco)|lapas]] e que viven nos mares a grandes profundidades (de aí o seu nome inglés ''Deep-sea Limpets''.<ref>[http://eol.org/pages/2676/overview ''Monoplacophora''] na [[EOL]].</ref> <ref name=G>Grassé, P.-P., ''et al.'' (1976), p. 391)</ref>
 
Considerábase que era un grupo de moluscos [[extinción|extintos]] do [[paleozoico]], xa que só se coñecían [[fósil]]es dos períodos [[cámbrico]] e [[devónico]] que se englobaban dentro do grupo dos ''pateláceos'' ([[gasterópodos]] [[prosobranquios]]), pero que difiren destes porque teñen moitos pares de [[músculo]]s dispostos simetricamente e inseridos na cara interna da cuncha.<ref name=G/>
 
O nome ''Monoplacophora'' foi cuñado en [[1940]] polo [[malacólogo]] [[Suecia|sueco]] [[Nils Hjalmar Odhner]] para designar este grupo de moluscos.<ref name=G/> Pero en [[1952]] encontráronse exemplares vivos da [[especie (bioloxía)|especie]] ''[[Neopilina galatheae]]'' nunha profunda [[fosa submarina]] preto do [[litoral]] de [[Costa Rica]], en [[América Central]],<ref>Lowenstam, Heinz A. & Stephen Weiner (1969): ''On Biomineralization''. New York: Oxford University Press. ISBN 0-1954-4977-2, p. 89.</ref> o que veu a confirmar as hipóteses de Odher.
=== Morfoloxía externa ===
[[Ficheiro:Helcionopsis striata.jpg|miniatura|190px|''Helcionopsis striata''.]]
[[Ficheiro:Neopilina.jpg|miniatura|190px|Cara ventral de ''[[Neopilina galatheae|N. galatheae]]''.]]
 
Os monoplacóforos son moluscos de [[simetría bilateral]] con numerosos [[órgano]]s metamerizados (nefridios, branquias, gónadas, músculos retractores do pé), tres pares de [[celoma]]s (pericardio par, celoma visceral dorsal par, gónadas pares), e [[sistema nervioso]] semellante ao dos [[poliplacóforos]], pero carecen de [[ollo]]]s, e cunha [[cuncha]] única de aspecto pateloide (semllante á das [[lapa (molusco)|lapas]], practicamente de simetría bilateral e cunha forma que varía desde a cónica até a cupuliforme.
 
A cara dorsal do animal está recuberta pola fina cuncha, de contorno case circular e na que se aprecian na súa superficie externa liñas de crecemento concéntricas. A súa estrutura recorda á dos [[bivalvos]]. Nela distínguense un ''perióstraco'' superficial, unha ''capa prismática'' e unha ''capa de nácar''. A cuncha esténdese totalmente polo dorso do animal e cobre o [[manto (moluscos)|palio]].
 
A cara ventral recorda á dos [[poliplacóforos]]. A parte central está ocupada polo [[pé (moluscos)|pé]], de forma case circular, rodeado dun ''suco paleal'' no que se encontran cinco ou seis pares de [[branquia]]s (segundo as [[especie (bioloxía)|especies]]), na base das cales se abren os orificios de cadanseu [[nefridio]] (''nefridióporos''), dispostos de maneira alterna con oito pares de músculos dorsais que están adheridos, en ambos os extremos, á cuncha e ao pé, respecticvamente.
Da cara posterior do estómago xorde o [[intestino]], a nivel do mcal se orixina un curto [[cego (anatomía)|cego]] no que se forma o ''talo cristalino''.
 
O intestino describe seis voltas e prolóngase nun [[recto]] rectilíneo e en posición medial, que remata no [[ano (anatomía)|ano]], situado no suco paleal, por detrás do pé.
 
==== Sistema muscular ====
Os músculos retractores do pé, moi desenvolvidos, están dispostos en oito pares distribuidos metamericamente. Os músculos bucais forman un complexo conxunto responsábel dos movementos do aparato radular e da farinxe. As [[fibra muscular|fibras musculares]] son [[músculo liso|lisas]], agás as dos músculos rotadores do aparato radular, que son [[músculo estriado|estriadas]].
 
==== Sistema nervioso ====
É moi parecido ao dos [[quitóns]]. Está formado por dous ''ganglios cerebroides'' unidos por dúas comisuras, unha cerebral e outra subcerebral. O ganglio cerbroide de cada lado continúase nun cordón nervioso lateral e nun cordón pedio. Os dosu cordóns laterais únense por detrás do pé, e os dous cordóns pedios reúnense na rexión posterior do pé. Os cordóns pedios únense entre si por unha soa comisura interpedia.
 
Existen células sensoriais na cara ventral. A ambos os lados do corpo están situados dous [[estatocisto]]s, incluídos no [[tecido conxuntivo]]. A presenza de estatocistos separa aos monoplacóforos dos poliplacóforos, netes que os acerca aos [[conchíferos]]. Temén son óganos sensoriais os tentáculos preorais; os seu nervios proceden directamente dos ganglios cerebroides.
== Taxonomía ==
=== Descrición ===
A mairoría dos [[autoridade|autores]] outóganlle a descrición da clase a Odhner, en [[1940]], de acordo co traballo de W. Wenz (1940): "Ursprung und frühe Stammesgeschichte der Gastropoden". ''Archiv für Molluskenkunde'' '''72''': 1-110.<ref name=W/> Porén, algúns atribúenlla a Knigth, en [[1952]].<ref>[http://fossilworks.org/bridge.pl?action=taxonInfo&is_real_user=1&taxon_no=57663 ''Monoplacophora'' Knight 1952] en [[Fossilworks]].</ref>
 
=== Etimoloxía ===
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Giribet, G.; A. Okusu; A. R. Lindgren; S. W. Huff; M. Schrödl & M. K. Nishiguchi (2006): "Evidence for a clade composed of molluscs with serially repeated structures: monoplacophorans are related to chitons". ''Proceedings of the National Academy of Sciences'' '''103''' (20): 7723-7728.
* Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): "Poliplacóforos o quitones", pp. 384-391&nbsp;384–391, en ''Invertebrados''. (En Grassé, P.-P., ''Zoología'', vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4, pp. 391-396&nbsp;391–396.
* Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Monoplacophora", en ''Zoología sistemática. Clasificación del reino animal''. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, pp. 134-135&nbsp;134–135.
* VV. AA. (1968): "Monoplacóforos" en: ''Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados''. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 256-257&nbsp;256–257.
 
=== Outros artigos ===
* [http://eol.org/pages/2676/overview ''Monoplacophora''] na [[EOL]].
* [http://www.asturnatura.com/moluscos/monoplacoforos.html Monoplacóforos] en Asturnatura {{es}}.
 
 
{{Control de autoridades}}
380.827

edicións