Bruxas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
ampliación
m Arranxos varios using AWB
Liña 47:
A entrada da cidade na [[Liga Hanseática]], unha federación de comercio de cidades dos [[Países Baixos]], [[Alemaña]] e [[Escandinavia]], só trouxo máis beneficio a unha cidade que se estaba convertendo nunha das máis ricas de [[Europa]]. Esta liga creárase a mediados do [[século XIII]] como unha alianza entre [[Hamburgo]] e [[Lübeck]], para protexer os seus intereses comerciais e compartir o control das rotas comerciais. Esta primitiva Hansa firmou, en [[1252]], uns acordos con [[Flandres]], coa cidade de Bruxas, a maior deste país, e entraba a formar parte da unión de Hamburgo e [[Bremen]].
 
A entrada de Flandres como parte do [[Reino de Francia]] en [[1297]], e a resistencia a aceptar as políticas provenientes da coroa por parte dos flamengos, resultou nun aumento das tensións sociais, as cales empeoraron co encarceramento por parte de [[Filipe IV de Francia]] do conde de Flandres e o nomeamento dun novo gobernador.
 
O [[18 de maio]] de [[1302]], tras seren expulsados dos seus fogares para poder acoller as tropas do exército francés, o pobo de Bruxas volveu á cidade, instigados por [[Jan Breydel]] e [[Pieter de Coninck]], e asasinou a calquera francés que lograron atopar.
 
Conta a lenda que identificaban aos franceses facéndolles pronunciar a frase ''schild ende vriend'' (escudo e amigo), unha frase moi identificadora pola pronuncia dos habitantes da rexión. Ao parecer, os franceses tiñan moitas dificultades en pronunciar o son [sx] de schild. Devandita masacre é coñecida como os [[Maitines de Bruxas]].
 
Filipe IV de Francia mandou unha forza para acabar cos insurrectos, enfrontándose a eles e ás forzas do conde de Flandres na [[batalla das Esporas de Ouro]], na que os franceses sufriron unha tremenda derrota.
 
Independizada do Reino de Francia en [[1302]], uniuse ao [[Ducado de Borgoña]] en [[1384]]. O establecemento en [[1419]] de [[Filipe III de Borgoña|Filipe III]], o bo, [[Condado de Borgoña|conde de Borgoña]], coa súa corte en Bruxas, trouxo unha prosperidade cultural importante á cidade, baixo o mando dos [[Habsburgo]], que se estendeeu durante todo o [[século XV]]. Nesta época estiveron no exilio na cidade [[Ricardo III de Inglaterra|Ricardo III]] e [[Eduardo IV de Inglaterra]]. Tamén nesta época William Caxton imprimiu en Bruxas o primeiro libro en [[lingua inglesa|inglés]].
 
En [[1512]] integrouse nos [[Países Baixos españois]], pasando a formar parte das [[Dezasete Provincias]] en [[1549]].
Liña 66:
== Lugares de interese ==
[[Ficheiro:Brugge-Canal.jpg|300px|miniatura|dereita|Canal de Bruxas]]
Todo o centro histórico de Bruxas é peonil, polo que é un pracer percorrer as súas rúas, gozando das vistas aos seus impoñentes monumentos góticos. É habitual percorrer a cidade en [[bicicleta]], en coche de cabalos, ou en rutas a través das súas canles. Destacan especialmente a Igrexa da nosa Señora, a Catedral de San Salvador, a praza do Burg onde atopamos o Concello e a Basílica do Santo Sangue, e a praza Maior (Grote Markt) onde poderemos visitar o seu campanario gótico (Belfort), de 83 metros de altura e máis de 300 chanzos. O Begijnhof ou beaterio é un tranquilo xardín que destaca pola súa beleza, especialmente se se visita na primavera. A cidade alberga unha das sedes do Colexio de Europa.
 
O Museo comunal de Belas Artes é o Museo Groeninge, onde poden verse obras de flamengos primitivos como Jan Van Eyck, Gerard David ou Hugo van der Goes.
 
== Persoeiros de Bruxas ==