Gran Premio do Reino Unido de 1976: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-NCE +NZL)
m Arranxos varios using AWB
Liña 52:
Os equipos McLaren, Ferrari e Ligier dedicáronse á preparar os [[Termos de Fórmula 1#muletto|mulettos]] de Hunt, Regazzoni e Laffite, respectivamente, na crenza de que non había tempo suficiente para reparar os seus coches orixinais. Pero, os comisarios da carreira anunciaron que non permitirían participar a ningún piloto no reinicio da carreira a menos que estivesen no seu coche orixinal, e que acabaran a primeira volta da carreira inicial. Isto significou que os coches de reposto non se podían utilizar, e os pilotos que non regresaran a boxes ao final da primeira volta non se lles permitiría reiniciar.<ref name="Blunsden 8">{{cite news |first=John |last=Blunsden |title=Hunt survives pile-up and protest to win third race in two weeks |page=8 |date=1976-07-19 |work=The Times}}</ref>
 
Durante o debate os mecánicos de McLaren lograron reparar o danado McLaren que Hunt utilizara no inicio. Malia non lograr completar a primeira volta, Hunt non necesitaba o coche de substitución, e o temor a posibles problemas co público levou a os comisarios a ceder e permitir a Hunt tomar parte no reinicio. Regazzoni e Laffite tamén saíron na reanudación, aínda que nos mulettos, arriscándose a unha posible exclusión logo da carreira.<ref name="Blunsden 8">{{cite news |first=John |last=Blunsden |title=Hunt survives pile-up and protest to win third race in two weeks |page=8 |date=1976-07-19 |work=The Times}}</ref>
 
No segundo inicio da carreira, Lauda volveu a liderar a carreira, con Hunt segundo, Regazzoni terceiro e Scheckter cuarto. Laffite retirouse na volta 32 e Regazzoni na volta 37 por problemas de suspensión e baixa presión de aceite, respectivamente, librando aos comisarios de ter que pronunciarse sobre se os dous ían ser descualificados polo uso dos vehículos de substitución.
Liña 60:
 
=== Post carreira ===
Inmediatamente logo da carreira, os equipos Ferrari, [[Tyrrell Racing|Tyrrell]] e [[Fittipaldi Automotive|Copersucar]] protestaron o resultado aos comisarios. Os tres equipos crían que como Hunt non completara a volta enteira despois do accidente, segundo o regulamento non debería permitírselle tomar parte no reinicio. Tras unha reunión de tres horas, os comisarios desestimaron as protestas e anunciaron que o resultado era válido.
 
Ferrari anunciou que presentaría un recurso ante o RAC, o órgano reitor do deporte do motor en Gran Bretaña e que era o responsable das sancións e a organización do Gran Premio de Gran Bretaña . Celebrouse unha reunión en Londres o 4 de agosto, onde de novo o equipo Ferrari presentou a súa visión de que Hunt non completara a primeira volta, polo que non se debería permitir a súa participación na reanudación. Ao explicar a súa razón para desestimar a apelación, o RAC indicou que aínda que Hunt non puido terminar a primeira volta, o coche seguíase movendo no momento no que a carreira detívose, e isto fora suficiente para permitirlle reiniciar.<ref>{{cite news |first=John |last=Blunsden |title=Ferrari appeal over British GP is rejected |page=9 |date=1976-08-05 |work=The Times}}</ref>