Gran Premio do Reino Unido de 1985: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: SUIb
m →‎Resumo da carreira: Arranxos varios using AWB
Liña 41:
== Resumo da carreira ==
 
A cualificación viu a [[Keke Rosberg]] lograr a pole no seu [[Williams FW10|Williams]] cunha volta de 1:05,591. A unha velocidade media de 259  km/h, que foi a volta de cualificación máis rápida na historia da F1 durante 17 anos. Xunto a Rosberg na primeira fila estaba [[Nelson Piquet]] no [[Brabham BT54|Brabham]], mentres que [[Alain Prost]] no [[McLaren MP4/2|McLaren]] e [[Ayrton Senna]] no [[97T Lotus|Lotus]] estaban na segunda fila. [[Nigel Mansell]] no segundo Williams e o líder do campionato [[Michele Alboreto]] no [[Ferrari 156/85|Ferrari]] ocupaban a terceira fila, mentres que na cuarta estaban [[Andrea de Cesaris]] no [[Ligier JS25|Ligier]] e [[Elio de Angelis]] no segundo Lotus. [[Teo Fabi]] no [[Toleman TG185|Toleman]] e [[Niki Lauda]] no segundo McLaren completaban o top ten.
 
Ao comezo da carreira, Senna pasou a Prost, Piquet saíu lento e Rosberg tomou o liderado, mentres que Mansell púxose terceiro e de Cesaris quinto. Detrás deles, catro coches quedaron eliminados na primeira curva, Copse, [[Patrick Tambay]] no [[Renault RE60|Renault]] perdeu o control e foi golpeado polo segundo Ferrari de [[Stefan Johansson]], e fixeron que o [[Osella]] de [[Piercarlo Ghinzani]] e o [[Racing RAM|RAM]] de [[Philippe Alliot]] chocaran entre si.