Maserati: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 19:
}}
 
'''Maserati''', construtor [[Italia|italianoitalia]]no de [[automóbil]]es deportivos de luxo.
 
== Historia ==
 
A marca italiana de automóbiles deportivos Maserati foi fundada en [[Bolonia]] por [[Alfieri Maserati]] en [[1914]]. O emblema de Maserati é o tridente, inspirado na estatua de [[Neptuno]] que adorna a Praza Maior de Bolonia. A marca foi adquirida en [[1937]] polo empresario [[Adolfo Orsi]], baixo a súa dirección Maserati fabricou os primeiros automóbiles nos que o luxo recibiu a mesma atención que a "performance". En [[1968]] Maserati foi adquirida por [[Citroën]], que a súa vez a vendeu en [[1975]] a un consorcio administrado por [[Alessandro de Tomaso]]. De Tomaso, coa axuda do deseñador Ghia, creou algúns dos automóbiles máis interesantes de tódolos tempos: Ghibli, Khasmin, Bora e Kyalami, entre outros. Estes nomes foron tomados de famosos ventos de [[África]] e [[Asia]]. En [[1993]] Maserati pasou ao Grupo [[Fiat]] que, en [[1999]], a convirteu en propiedade exclusiva de [[Ferrari]].
Liña 29:
No [[2005]] a marca volveu á propiedade directa de [[Fiat]] que a arupou con [[Alfa Romeo]], coa que compartirá plataformas, compoñentes e canles de distribución, nunha movida que devolve o status de súper exclusividade a [[Ferrari]]. Tamén se di que pode poñer esta lendaria marca á venda.
[[Ficheiro:Maserati-3500gti.jpg|miniatura|dereita|Maserati Sebring (modelo 3500 GTI S)]]
== Fórmula Un ==
 
Maserati participou na [[Fórmula Un]] durante os anos 1940 e 1950. O seu programa de traballo na Fórmula 1 foi amplamente exitoso, proporcionando un puñado de vitorias en Grandes Premios e un título mundial de [[Juan Manuel Fangio]]. Maserati deseñou tres coches de Fórmula Un: o [[Maserati 4CLT]], o [[Maserati A6GCM]] e o [[Maserati 250F]], e o pre-Segunda Guerra Mundial [[Maserati 4CL]] tamén foi utilizado con certo éxito. Con todo, debido ás dificultades financeiras a finais de 1950 o equipo tivo que retirarse da Fórmula Un a pesar de que o 250F aínda tiña éxito. Privados, como Fangio, continuaron utilizando o 250F ata 1960.
 
=== Comezos na Fórmula Un ===
 
O Maserati 4CLT de 1948 foi un dos primeiros coches construídos ca normativa da Fórmula Un, introducida en 1946, e foi desenvolvido a partir do Maserati 4CL [[voiturette]] de 1938. O deseño anterior era aínda competitivo a pesar da interrupción da [[Segunda Guerra Mundial]] e participou en carreiras de Fórmula Un cando as carreiras reiniciaronse logo da guerra. O seu éxito animou a Maserati para desenvolver o deseño do coche e estas melloras foron reunidas no 4CLT.