Reino de Northumbria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 116:
O territorio northumbrio foi ocupado polos [[Dinamarca|daneses]] no [[século IX]] e integrouse ao reino de [[Inglaterra]] en [[829]], da man das conquistas de [[Egbert de Wessex|Egbert]] de [[Wessex]].
 
O condado que se formou despois, estaba limitado ao sur polo [[río Tees]] e ao norte polo [[río Tweed]] (o que hoxe en día é similar á rexión moderna do Nordés de Inglaterra) e foi recoñecido como parte de Inglaterra polo [[Tratado de York]] de [[1237]] entre [[Inglaterra]] e Escocia. [[Berwick-upon-Tweed]], que se sitúa ao norte do Tweed, foi definido como súbdito das leis de Inglaterra pola [[Acta de Gales e Berwick]] de [[1746|1746.]]. O territorio que unha vez foi parte de Northumbria durante o seu apoxeo é administrado hoxe en día por rexións diferentes como Nordés de Inglaterra ([[Bernicia]]), [[Yorkshire e Humber]] ([[Deira (reino)|Deira]]), [[Noroeste de Inglaterra]] ([[Cumbria]]), os [[Scottish Borders]], [[Lothian e Estremas|West Lothian]], [[Edimburgo]], Midlothian e East Lothian.
 
Actualmente, Northumbria é a rexión Nordés de Inglaterra. O nome úsase nos títulos da '''Policía de Northumbria''' (a cal administra Northumberland e [[Tyne e Wear]]) e a '''Universidade de Northumbria''' (situada en [[Newcastle upon Tyne|Newcastle]]), e tamén foi adoptado pola Xunta de Turismo de Inglaterra para referirse ao Nordés de Inglaterra.
 
== Historia ==
Northumbria orixinalmente estaba composta pola unión de dous reinos dependentes, [[Bernicia]] e Deira. Bernicia cubría o territorio norte do [[río Tees]], mentres Deira correspondía ao que hoxe en día é aproximadamente [[Yorkshire|Yorkshire.]]. Bernicia e Deira foron unidos por primeira vez por [[Æthelfrith de Bernicia|Æthelfrith]], un [[Monarca|rei]] de Bernicia que conquistou Deira ao redor do ano 604. Foi derrotado e morreu en [[616]] nunha batalla preto do [[río Idle]] a mans de [[Raedwald de Anglia Oriental|Raedwald]], rei de [[Reino de Anglia Oriental|Anglia Oriental]], quen instalou a [[Edwin de Northumbria|Edwin]], o fillo de [[Ælla de Deira|Ælla]], un antigo rei de Deira, como o novo rei de Northumbria.
 
Edwin de Northumbria, que aceptou o [[cristianismo]] en [[627]], pronto se converteu no rei máis poderoso de Inglaterra: foi recoñecido como ''[[Bretwalda]]'' e conquistou a [[Illa de Man]] e o [[Reino de Gwynedd]], no norte de [[Gales|Gales.]]. Con todo, foi derrotado por unha alianza entre o rei exiliado de Gwynedd, [[Cadwallon ap Cadfan]], e [[Penda]], rei de [[Mercia]], na [[batalla de Hatfield Chase]] en [[633]].
 
=== Reinado de Oswald ===
Liña 149:
=== Invasión normanda e partición do reino ===
[[Ficheiro:ShepardMap802Northumbria.png|right|thumb|Parte dun mapa, por William Shepherd, das Illas Británicas c. 802, onde se mostra o reino de Northumbria.]]
[[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme o Conquistador]] converteuse en rei de Inglaterra en [[1066|1066.]]. Pronto se deu conta de que era necesario controlar Northumbria, que permanecera virtualmente independente dos reis de Inglaterra, para protexer o seu reino da invasión escocesa. Para recoñecer a remota independencia de Northumbria e asegurarse que Inglaterra estivese adecuadamente defendida dos escoceses, Guillerme gañou a alianza do Bispo de [[Durham, Inglaterra|Durham]] e do duque, confirmando os seus poderes e privilexios. Con todo, isto causou rebelións antinormandas. Por tanto Guillerme tentou instalar a [[Robert Comine]], un nobre [[Normandos|normando]], como '''Duque de Northumbria''', pero antes de que Comine puidese ocupar o cargo, el e 700 dos seus homes foron masacrados na cidade de [[Durham, Inglaterra|Durham.]] En vinganza, Guillerme guiou ao seu exército contra Northumbria nunha sanguenta campaña, un evento que se coñece como o ''Masacre do Norte.'' Ethelwin, o bispo anglosaxón de Durham, tentou escapar de Northumbria no momento da matanza con tesouros de Northumbria, pero foi capturado e encarcerado, morrendo no cárcere; a súa sede quedou vacante.
 
Para acougar as revoltas e protestas, o fillo de Guillerme, [[Gullerme Rufus]], decidiu dividir Northumbria. William de St. Carilef foi nomeado Bispo de Durham, e tamén se lle foi outorgando poderes de Duque para a rexión meridional dos ríos [[Río Tyne|Tyne]] e [[Río Derwent|Derwent]], que formou o [[Condado de Durham]]. O resto, a rexión setentrional dos ríos, converteuse en Northumberland, onde os poderes políticos do Bispo de Durham se limitaban a só certos distritos, e o duque seguiu rexendo como súbdito do trono inglés.
Liña 156:
 
=== [[Idade Media]] ===
A rexión tivo unha longa historia de disturbios e revoltas en contra do poder establecido, como se viu na [[Peregrinación de Graza]] e o [[Levantamento do Norte]] nos tempos da [[Casa de Tudor|Casa de Tudor.]]. A maior razón foi a forza do [[catolicismo]] na área despois da [[Reforma Protestante|Reforma]] relixiosa que instaurou o [[Comuñón Anglicana|anglicanismo.]] Iso levou a un fervoroso sentimento xacobita tras a Restauración Inglesa. A rexión cobrou a fama de ser un condado salvaxe, onde fuxitivos e separatistas se escondían da lei, xa que era maioritariamente rural e pouco poboada. Con todo, despois da unión de Escocia e Inglaterra, en 1603, a paz volveu ser instaurada.
 
== Reis de Northumbria ==
Liña 171:
|<small>[[616]] - [[12 de outubro]] de [[632]]</small>
|'''Edwin'''
|<small>Rei de Deira, que se converteu en monarca de Northumbria e por tanto de Bernicia tamén. </small><small>Morreu en batalla a mans de [[Cadwallon ap Cadfan|Cadwallon ap Cadfan.]]. </small><small>Santo.</small>
|- bgcolor="#ffffec" valign="top"
|<small>[[634]] - [[5 de agosto]] de [[641]]</small>
Liña 183:
|<small>Febreiro de [[670]] - [[20 de maio]] de [[685]]</small>
|'''Egfrith'''
|<small>Fillo de Oswiu. </small><small>Morreu en batalla contra os [[Pictos|Pictos.]]. </small><small>O poder do reino foi gravemente comprometido pola derrota.</small>
|- bgcolor="#ffffec" valign="top"
|<small>[[20 de maio]] de [[685]] - [[14 de decembro]] de [[704]]</small>
Liña 296:
* [[Heptarquía anglosaxoa|Heptarquía]]
* Jórvik
 
 
{{Heptarquía anglosaxoa}}