Vidiadhar Surajprasad Naipaul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
"Un Camiño no Mundo" (''A Way in the World'') é unha colección de ensaios e novelas curtas sobre a illa de Trinidad, a súa historia, a súa xente e o desgarro cultural como denominadores comúns.
 
"A Turn in the South" é unha crónica que cobre os aspectos máis saíntes da vida do sur dos Estados Unidos. As historias do libro refírense á decadencia das familias aristocráticas do Sur, ao ascenso da poboación de raza negra, ás distintas relixións do sur, describe aos denominados "rednecks", visita Graceland para brindar as súas impresións acerca da mansión de Elvis Presley, dános unha idea da cultura xerada en torno ao cultivo do tabaco, entre outras historias. Todas elas tratan de facer unha síntese que abarque ao Sur como unidade cultural, dende as súas orixes ata a actualidade. ParadoxicamenteParadoxalmente non fai ningunha descrición de Oxford nin se ocupa da obra do gran escritor sureño William Faulkner, pero todo o libro tacitamente se refire ao mesmo, dado que dende a prosa, ocúpase dos mesmos temas que Faulkner narrou mediante a ficción. Trátase dun libro excelente para entender a atmosfera que rodea a obra de Faulkner, asemellándose a unha análise sociolóxica (de gran calidade) da obra do autor nacido en Oxford.
 
"India" (''India, a Wounded Civilization''), é unha colección de relatos e reportaxes realizadas por Naipaul na súa viaxe á India en 1990. Como trasfondo obsérvase a modernización do [[Subcontinente Indio]] e o seu contraste coa sociedade tradicional. Os parias, os [[sikhismo|sikhs]], os [[Pobo támil|támiles]], os [[brahmana]]s, a industria cinematográfica, os [[xiismo|xiitas]], son descritos nos seus propios ambientes a través das historias persoais de distintos integrantes das devanditas comunidades.