Anxiospermas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 88:
 
== Ecoloxía e Evolución das magnoliófitas ==
|[[Ficheiro:Radiacion-traqueofitas.gif|miniatura|600pxdereita|400px|<center>''' Rexistro fósil de aparición das diferentes clados de plantas vasculares. ''' <small> Nótese a intensa radiación das magnoliófitas en comparación cos fieitos e ximnospermas. Debuxado e traducido a partir de Willis y McElwain (2002).</small></center>]]
 
Nunha carta que lle escribiu a un amigo, Charles Darwin referiuse á aparición repentina das magnoliófitas como un "abominable misterio". Nos rexistros fósiles máis antigos, as primeiras [[plantas vasculares]] datan de hai 400 millóns de anos. Despois no [[devónico]] e no [[carbonífero]] predominaron as lycophytas, sphenophytas e proximnospermas, que foron dominantes até hai uns 300 millóns de anos. As primeiras plantas con semente apareceron no Devónico tardío, e iso levou á típica flora do [[mesozoico]] dominada por ximnospermas. Os fósiles máis antigos de magnoliófitas atopados até data de hoxe datan aproximadamente de hai 140 millóns de anos (principios do [[cretácico]]), e o número de especies atopado aumenta de xeito rechamante co tempo xeolóxico, en comparación a outras plantas non magnoliófitas. Diversificáronse axiña desde hai uns 100 millóns de anos, chegando a dominar os [[bioma]]s da Terra salvo rexións polares hai uns 65-75 millón de anos, dominancia que se mantén até data de hoxe. Para esa época xa existía a maior parte das familias de magnoliófitas que coñecemos hoxe en día, e incluso algúns dos xéneros actuais.
 
{| align=center
|[[Ficheiro:Radiacion-traqueofitas.gif|miniatura|600px|<center>''' Rexistro fósil de aparición das diferentes clados de plantas vasculares. ''' <small> Nótese a intensa radiación das magnoliófitas en comparación cos fieitos e ximnospermas. Debuxado e traducido a partir de Willis y McElwain (2002).</small></center>]]
|}
 
Até a data de edición deste artigo, manéxase que as primeiras magnoliófitas eran pequenas plantas adaptadas a vivir na escuridade, en lugares perturbados e probablemente tamén húmidos (Feild, Arens e Dawson 2003<ref name="Feild Arens y Dawson 2003">Taylor S. Feild, Nan Crystal Arens, y Todd E. Dawson. 2003. "The Ancestral Ecology of Angiosperms: emerging perspectives from extant basal lineages". ''Int. J. Plant Sci.'' 164 (3 Suppl.):S129-S142. (resumo [http://www.journals.uchicago.edu/cgi-bin/resolve?id=doi:10.1086/374193&erFrom=708468970278913014Guest aquí] )</ref>), hipótese chamada en inglés "the dark and disturbed hypotesis". As evidencias proveñen da análise das "magnoliófitas basais" actuais. Con respecto á evidencia no rexistro fósil, Willis y McElwain sinalan que os froitos fósiles máis antigos atopados (pertencentes a partes de follas, flores, froitos e pole das pólas ceratophyllais, xuglandais e ranunculídeos, (entre outros) posúen sementes dabondo pequenas como para supoñer que as primeiras magnoliófitas se dispersaban e colonizaban os ambientes a través do que en ecoloxía se coñece como "[[estratexia r]]", a estratexia dos primeiros colonizadores dos ambientes perturbados (Willis e McElwain 2002). Hai que ter en conta que para facer esta análise, Feild, Arens e Dawson asumiron as Chlorantaceae como unha familia de magnoliófitas basais, e incluíronas na súa análise, porén a localización de Chlorantaceae na árbore filoxenética aínda non recibe consenso (Qiu ''et al.'' 2005<ref name="Qiu et al. 2005" />).
Liña 117 ⟶ 113:
As evidencias sinalan que un bo número de trocos na composición florística do Cretácico (hai 140-80 millóns de anos) coinciden cunha época de trocos ambientais globais, que inclúe unha actividade tectónica elevada, unha diminución de oxíxeno nos océanos, e unha expansión do chan oceánico cunha definitiva ruptura da Panxea, coa consecuente formación dos continentes de África e Sudamérica, e tornando distinguibles os pratos da India, Australia e a Antártida. Tamén houbo trocos importantes na composición da atmosfera debido á intensa actividade volcánica (principalmente aumento da concentración de dióxido de carbono), probablemente un subseguinte aumento da temperatura global, un aumento duns 100 metros no nivel do mar, e a desaparición dos xeos polares.
 
[[Ficheiro:Cretacico-isotermas-y-mapamundi.svg|miniatura|centrodereita|500px400px|'''Superficie terrestre durante o cretácico medio'''<small> (hai uns 100 millóns de anos). Nótense as isotermas, que anticipan que a temperatura global media era uns 4,8 °C máis alta que agora, e a ruptura da Panxea: cara o Norte obsérvanse Norteamérica e Europa, cara ó Sur a Antártida, Australia e a India (aquí amplificados pola deformación do mapamundi), e no centro os continentes de África e Sudamérica.</small>]]
 
As evidencias con respecto á composición florística sinalan que nesa mesma época houbo un número de innovacións clave nas magnoliófitas que as fixeron máis resistentes á seca e por tanto mellor adaptadas ás condicións ambientais novas, entre as que se inclúen follas e reducidas en tamaño, unha capa externa da semente que a protexía da sequidade, a aparición de feixes vasculares máis eficientes na condución da auga ("vasos xilemáticos"), e o hábito deciduo ( aínda que esta última característica tamén era observada en varias ximnospermas). Até día de hoxe non temos evidencia de que eses trocos ambientais globais (coñecidos como o "episodio superpluma" ou "superplume episode" en inglés) teñan desencadeado a diversificación das magnoliófitas, só hai evidencia de que ocorreron de vez.