Capitalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Orixe: Amplío de es.wiki
Liña 13:
 
O camiño cara ao capitalismo a partir do século XIII foi achandado grazas á filosofía do renacemento e da Reforma. Estes movementos cambiaron de forma drástica a sociedade, facilitando a aparición dos modernos Estados nacionais que proporcionaron as condicións necesarias para o crecemento e desenvolvemento do capitalismo nos países europeos. Este crecemento foi posible grazas á acumulación do excedente económico que xeraba o empresario privado e á reinversión deste excedente para xerar maior crecemento, o cal xerou industrialización nas rexións do norte.
 
== Tipos de sistemas capitalistas ==
Existen distintas variantes do capitalismo que se diferencian na relación entre o mercado, o Estado e a sociedade. Por suposto, todas comparten características como a produción de bens e servizos beneficio, a asignación de recursos baseada principalmente no mercado, e a estruturación arredor da acumulación de capital. Cómpre salientar que entre os círculos ligados á [[Escola austríaca de economía]] coñécese como «capitalismo» a súa variante máis pura, o ''laissez faire''. Outros defensores do capitalismo adoptaron visións do capitalismo máis moderadas e máis matizadas con respecto á súa posta en práctica.
 
Algunhas das formas de capitalismo existentes ou propostas historicamente son:
* [[Mercantilismo]] e [[proteccionismo]]
* ''[[Laissez faire]]'' e [[Libre mercado|capitalismo derregulado]]
* [[Capitalismo corporativo]]
* [[Economía social de mercado]]
* [[Economía mixta]]
 
En gran medida na maioría dos países modernos predominan formas do capitalismo máis próximas ás dúas últimas formas, a economía social de mercado e a economía mixta. O mercantilismo e o proteccionismo parecen case universalmente abandonados aínda que tiveron o seu esplendor durante os séculos XVIII e XIX.
 
== Críticas ao capitalismo ==
[[Ficheiro:Anti-capitalism color.jpg|miniatura|''Pyramid of Capitalist System'', póster do sindicato [[Industrial Workers of the World]]. Critica o capitalismo representándoo como unha estrutura xerárquica de clases sociais.]]
{{AP|Anticapitalismo}}
Parte da crítica ao capitalismo é a opinión de que é un sistema caracterizado pola explotación da forza de traballo do home ao constituír o traballo como unha mercadoría máis. Esta condición sería a súa principal contradición: medios de produción privados con forza de traballo colectiva; deste xeito, mentres no capitalismo se produce de forma colectiva, o goce das riquezas xeradas é privado, xa que o sector privado "compra" o traballo dos obreiros co [[salario]].
 
== Notas ==