Niamey: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 10:
 
O clima é de tipo subtropical saheliano, cunha pluviosidade que varía de 500 a 750 mm, segundo ano. Para combater a [[desertificación]] e máis as frecuentes tempestades de area que ameazan a cidade, arrastrada polo [[harmattan]], un vento procedente do Norte, a municipalidade dispuxo, nos [[anos 1960]], un cinto de árbores de 2.500 ha (25 km de longo, nunha banda de 1 km de ancho). Porén, dado o éxodo rural e a urbanización crecente con [[bidonville]]s (favelas), esta barreira non cesa de se reducir.
 
==Economía==
Niamey acolle a maioría das industrias do país. É tamén o principal polo comercial do Níxer. Durante os derradeiros cinco anos exportáronse desde a cidade arredor de 2.000.000 de [[quintal métrico|quintais]] de cobre e unha cantidade similar de ouro.
 
==Cultura==
 
En Niamey está o ''Musée nationale du Niger'' ([[Museo Nacional do Níxer]]).
 
==Relixión==
 
Un 80 % da poboación do Níxer é musulmana, estando en Niamey a maior mesquita do país. A cidade é sede ademais dun bispado católico.