Canal de Suez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: {{Control de autoridades}}
Liña 14:
Durante a conquista de Exipto, [[Napoleón]] considerou a posibilidade de construír o canal mais o proxecto foi abandonado logo de que unhas medicións erróneas indicasen que as augas do Mar Vermello eran máis altas que as do Mediterráneo, o que non permitiría un canal sen [[esclusa]]s.
 
En 1854 e 1856, [[Ferdinand de Lesseps]], que fora un diplomático vinte anos antes, obtivo a concesión da súa construción de [[Said Pasha]], vicerrei do Exipto. Creouse unha empresa para a construción dun canal marítimo aberto aos barcos de todas as nacións de acordo cos planos creados polo enxeñeiro [[austriaAustria|austríaco]]co [[Alois Negrelli]]. A construción do canal iniciouse o [[25 de abril]] de [[1859]]. No final dos traballos, [[Exipto]] e [[Francia]] eran os propietarios do canal. E a Compañía do Canal de Suez (''Compagnie Universelle du Canal Maritime de Suez'') operaría o canal por un período de 99 anos.
 
Estímase que 1,5 millón de exipcios participaron na construción do canal e que 125.000 morreron, principalmente da [[cólera]]. Nun principio, a construción levouse a cabo sobre todo por medios manuais; sen auga potábel, os traballadores realizaban o seu labor en condicións moi duras, axudados por [[camelo]]s cargados con cestos. Porén, reunir todos os meses 20.000 traballadores resultou sumamente difícil. Por outra banda, máis de 200 morrían cada ano e as tarefas detíñanse por causa de enfermidades contaxiosas. Aos cinco anos, o goberno exipcio suspendeu a contratación de traballadores e procedeu a mecanizar os traballos.