Bruxas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Róterdan +Rotterdam)
Xoio (conversa | contribucións)
→‎Historia: arranxiño
Liña 43:
 
== Historia ==
Bruxas foi cidade desde o [[século XI]]. Cara ao [[1050]], a constante sedimentación foi pechando a importante saída ao mar da cidade. Por sorte, unha tormenta en [[1134]] creou unha canle natural de saída ao mar. Este feito e a importante e emerxente industria da la, fixo que a cidade crecese enormemente, construíndose as súas murallas baixo o padroado dos [[CondesCondado de Flandres|condes de Flandres]]. A entrada da cidade na [[Liga Hanseática]], unha federación de comercio de cidades dos [[Países Baixos]], [[Alemaña]] e [[Escandinavia]], só trouxo máis beneficio a unha cidade que se estaba convertendo nunha das máis ricas de [[Europa]].
 
A entrada de Flandres como parte do [[Reino de Francia]] en [[1297]], e a resistencia a aceptar as políticas provenientes da coroa por parte dos flamengos, resultou nun aumento das tensións sociais, as cales empeoraron co encarceramento por parte de [[Filipe IV de Francia]] do Condeconde de Flandres e o nomeamento dun novo gobernador.
 
O [[18 de maio]] de [[1302]], tras ser expulsados dos seus fogares para poder acoller as tropas do exército francés, o pobo de Bruxas volveu á cidade, instigados por [[Jan Breydel]] e [[Pieter de Coninck]], e asasinou a calquera francés que lograron atopar. Conta a lenda que identificaban aos franceses facéndolles pronunciar a frase "schild ende vriend" (escudo e amigo), unha frase moi identificadora pola pronuncia dos habitantes da rexión. Ao parecer, os franceses tiñan moitas dificultades en pronunciar o son [sx] de schild. Devandita masacre é coñecida como os [[Maitines de Bruxas]].
Liña 51:
Filipe IV de Francia mandou unha forza para acabar cos insurrectos, enfrontándose a eles e ás forzas do Conde de Flandres na [[batalla das Esporas de Ouro]], na que os franceses sufriron unha tremenda derrota.
 
O establecemento de Filipe III, o bo, co seu corte na cidade, trouxo unha prosperidade cultural importante á cidade no século XV. Nesta época estiveron no exilio na cidade [[Ricardo III de Inglaterra|Ricardo III]] e [[Eduardo IV de Inglaterra]]. Tamén nesta época William Caxton imprimiu en Bruxas o primeiro libro en inglés impreso.
 
A partir do século XVI, os sedimentos pecharan sensiblemente a canle aberta, polo que o poder económico da cidade sufriu un serio revés.