Xeografía física: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: {{Control de autoridades}}
m →‎Historia da xeografía física: Dionisio de Halicarnaso
Liña 32:
 
== Historia da xeografía física ==
Desde o nacemento da xeografía e as ciencias durante o período grego clásico, e ata o final do [[século XIX]], co nacemento da Antropoxeografia, a xeografía foi case exclusivamente unha ciencia natural. Pódense citar diversas obras entre as máis coñecidas durante este longo período: a ''Xeografía'' de [[Estrabón]], a de [[Eratóstenes]] o ''Periegesis Oiceumene'' de [[Dionisio de Halicarnaso|Dionisio]] na [[Idade Antiga]]; ata a ''Summa de Geografía'' de [[Martín Fernández de Enciso]] ([[século XVI]]), que menciona por primeira vez [[Novo Mundo]], ou o ''Cosmos'' de [[Alexander von Humboldt]] (século XIX), no que a xeografía é considerada unha das ciencias físicas e naturais.
 
Dous procesos desenvolvidos durante o século XIX tiveron unha grande importancia no desenvolvemento da xeografía física. O primeiro foi o [[colonialismo]] europeo en [[Asia]], [[África]], [[Australia]] e mesmo en [[América]], en busca de materias primas necesarias para a [[Revolución Industrial]]. Este fenómeno axudou a crear os departamentos de xeografía das [[universidade]]s das potencias coloniais e as sociedades nacionais xeográficas, dando orixe ao proceso identificado por Horacio Capel como a institucionalización da xeografía. Un dos imperios máis prolíficos neste sentido foi o ruso: a mediados do [[século XVIII]] o almirantado ruso enviou xeógrafos en diferentes ocasións para realizar buscas xeográfica na área do [[Ártico]] [[Siberia|siberiano]]. Entre estes figuraba o que é considerado o patriarca da xeografía rusa, [[Mikhail Lomonosov]], que a mediados de [[1750]] comezou a traballar no departamento de Xeografía da Academia de Ciencias. As súas contribucións mostran a orixe orgánica do solo e desenvolve unha lei sobre o movemento do [[xeo]], abrindo así un novo sector xeográfico: a Glacioloxia. En [[1755]], a iniciativa súa, foi fundada a Universidade de [[Moscova]], da que en [[1758]] foi nomeado director do Departamento de Xeografía da Academia das Ciencias. Neste cargo desenvolverá unha metodoloxía de traballo para a investigación xeográfica.
Liña 41:
 
O outro grande evento no final do século XIX e comezos do [[século XX]] que dará un grande impulso ao desenvolvemento da xeografía terá lugar na América. É o traballo do famoso xeógrafo William Morris Davis, que fixo contribucións importantes á creación da disciplina no seu país e desenvolveu a teoría do ciclo xeográfico. Aínda que a teoría de Davis non é enteiramente precisa, foi absolutamente revolucionaria. No caso de paleoxeografia esta teoría proporciona un modelo para a comprensión da evolución da paisaxe. O traballo de Davis levou ao desenvolvemento dunha nova rama da xeografía física: a xeomorfoloxía. Algúns dos seus discípulos, tales como [[Curtis Marbut]], [[Mark Jefferson]] e [[Isaiah Bowman]], entre outros, fixeron contribucións significativas para varias ramas da xeografía física.
 
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}