Posmodernismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 76:
O uso do termo por [[Bernard Smith]] en [[1945]] para designar a crítica á abstracción por parte do ''realismo soviético'' e por [[Charles Olson]] para indicar a poesía de [[Ezra Pound]] estaba a cabalo entre as dous concepcións anteriores. Se ben subliñaba a ruptura coas tendencias do modernismo, carecíase dunha armazón teórica que permitise distinguir a produción das vangardas; en si complexa e multiforme; da dos seus críticos dunha maneira decisiva.
 
Só a fins da década de [[1950]], a partir dos traballos dos críticos literarios [[Harry Levin]], [[Irving Howe]], [[Ihab Hassan]], [[Leslie Fiedler]] e [[Frank Kermode]], o termo comezou a utilizarse dunha maneira sistemática para designar a ruptura dos escritores de posguerra cos trazos emancipatorios e vangardistas do modernismo, concibido este último como a exploración programática da innovación, a experimentalidade, a autonomía crítica e a separación do cotián. A concepción non estaba exenta de dificultades, e algúns autores ós que Levin e Howe — ambos intelectuais ''comprometidos'' e de esquerdas; criticaron, como [[Samuel Beckett]], foron simultaneamente percibidos por outros teóricos da cultura; entre eles [[Theodor Adorno]], un modernista destacado en dereito propio— como a forma máis refinada de modernismo. Así a todo, o central desta noción; o postmodernismo como renuncia á teleoloxía emancipatoriaemancipadora das vangardas; segue sendo considerado o trazo máis distintivo do postmodernismo.
 
O trazo fundamental da ruptura non estivo na corrección da frialdade e as deficiencias arquitectónicas dos edificios modernistas, senón no rexeitamento absoluto da posibilidade de producir unha innovación verdadeiramente radical. O eixo do pensamento moderno; tanto nas artes como nas ciencias; estivera centrado na idea de [[evolución]] ou progreso, entendido como a reconstrución de tódolos ámbitos da vida a partir da substitución da [[tradición]] ou convención polo exame radical non só do saber transmitido; como por exemplo a forma [[sinfonía|sinfónica]] en música, o retrato de corte en pintura ou a doutrina clásica da [[alma]] en antropoloxía filosófica; senón tamén das formas aceptadas de organizar e producir ese saber; como a [[tonalidade]], a [[perspectiva]] ou a primacía da [[conciencia]]; a noción de discontinuidadedescontinuidade adquirira dignidade filosófica a través da interpretación [[marxismo|marxista]] e nietzcheana da [[dialéctica]] de Hegel. O postmodernismo desistiu do proxecto desta evolución; nas súas formas máis agudas filosoficamente, habería de intentar desmontar dende dentro o proxecto modernista ó afirmar que a evolución total presupuña a constancia do seu suxeito, o individuo autónomo.
 
== Véxase tamén ==