Wikipedia:Ligazóns mortas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
-{{En uso}}
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
Ó igual que moitas outras grandes [[páxina web|páxinas web]], a Wikipedia sofre o fenómeno coñecido como '''ligazóns mortas''' ou '''podremia de ligazóns''' ({{lang-en|link rot}}). As ligazóns externas, habitualmente empregadas como referencias e citas, pasan a ser gradualmente irrelevantes ou rotas (tamén chamadas ''mortas''), segundo as webs ligadas desaparecen, cambian o seu contido ou trasládanse de dominio ou dirección. Isto presenta unha ameaza para a [[WP:FF|fiabilidade]] da Wikipedia e para os métodos de [[WP:CITA|citar as fontes]].
 
O esforzo requirido para previr as ligazóns mortas é significativamente menor que o esforzo requirido para reparar ou mitigar unha ligazón morta. Polo tanto, a prevención das ligazóns mortas fortalezefortalece a enciclopedia. Esta páxina fornece estratexias e métodos para previr as ligazóns mortas antes de que aparezan, incluíndo o uso de servizos de arquivo web e o uso correcto dos [[Modelo:Modelos de citas|modelos de citas]]. Recoméndase tamén engadir unha ligazón de arquivo como parte de cada referencia web, ou enviar a URL referenciada para o seu arquivo, no momento en que se crea ou actualiza unha referencia.
 
Porén, as ligazóns mortas non poden previrse sempre, polo que tamén se explica nesta páxina como mitigar este problema atopando ligazóns arquivadas previamente e outras fontes alternativas. '''Non se debe eliminar''' información referenciada soamente porque a URL da fonte non estea xa dispoñible. ''A [[Wikipedia:Verificabilidade|verificabilidade]] non require que tódalatoda a información referenciada inclúa unha ligazón dispoñible, nin require que a fonte estea publicada en liña.'' Agás as URLs das seccións de [[Wikipedia:Ligazóns externas|ligazóns externas]] non usadas para referenciar contido nos artigos, '''non se debe eliminar''' unha URL soamente polo feito de que non estea xa dispoñible.
 
==Previr as ligazóns mortas==