Xogos Olímpicos de 1900: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de Dschehhutimes Aleksander (conversa); cambiado á última versión feita por Elisardojm
Liña 25:
Os '''II [[Xogos Olímpicos]]''' da Era Moderna realizáronse en [[1900]], en [[París]], [[Francia]], terra natal do seu creador, o Barón [[Pierre de Coubertin]]. Infelizmente, por cuestións políticas, os Xogos foron integrados na [[Exposición Universal de París]], unha grande feira mundial de comercio realizada por Francia na época, e por ter sido diluídos ó longo de máis de catro meses, entre o 14 de [[maio]] e o 28 de [[outubro]], non tiveron ningunha relevancia, sendo unanimemente considerados un fracaso.
 
Oficialmente, en Francia, as xogos foron bautizados como ''Concurso Internacional de Exercicios Físicos ete de Deportes'', e os participantes chegaron a imaxinar todo menos que participaban nunha celebración deportiva, tantas eran as actividades paralelas nas artes e no comercio ofrecidas pola feira. Alén diso, [[París]] non posuía ningún complexo deportivo olímpico e as probas de atletismo disputáronse no medio dos bosques e árbores do [[Bois de Boulogne]] e a natación en plena corrente do [[río Sena]].
 
O [[Comité Olímpico Internacional]] tivo pouca influencia na condución destes Xogos, competendo á organización da [[Exposición Universal]] a organización dos eventos. Como a organización consideraba o deporte unha actividade secundaria, as diferentes modalidades foron espalladas polos diversos locais da Exposición e moitas veces con clasificacións canto menos curiosas. Particularmente, a organización clasificou a ximnasia na sección de "deporte escolar para nenos", esgrima na sección de "coitelería" e remo na sección de "socorrismo".