Barbanegra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m {{CADC}}
Isili0n (conversa | contribucións)
En galego é unha locución preposicional "cara a" que contrae cos artigos "cara á" ou "cara ao/ó".
Liña 39:
 
=== Teach convértese en Barbanegra ===
O [[28 de novembro]] de 1717, os dous navíos de Teach atacaron unha embarcación mercante francesa na costa de [[Illa de San Vicente|San Vicente]]. Cada un deles disparou unha salva lateral que matou a varios dos tripulantes do mercante, forzando o capitán a se render.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Lee|1974|p=14}}</ref> O navío era o ''La Concorde'' de [[Saint-Malo]], cun cargamento de escravos. Teach e súa tripulación levaron ó navío rumbo sur ao longo de [[San Vicente e Granadinas]] con destino a [[Bequia]], onde desembarcaron a tripulación e a carga do mercante, ficando co navío para o seu propio uso. A tripulación do ''La Concorde'' recibiu a menor das dúas corvetas de Teach, a que renomearon como ''Mauvaise Rencontre'' (do [[lingua francesa|francés]]: ''Mal Encontro'') e viaxaron cara a [[Martinica]]. Teach puido ter recrutado algúns dos escravos, mais os restantes foron deixados na illa e posteriormente foron capturados de novo pola tripulación do ''Mauvaise Rencontre''.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|pp=81–88}}</ref>
 
Teach inmediatamente cambiou o nome do navío de ''La Concorde'' a ''[[Queen Anne's Revenge]]'' (do [[lingua inglesa|inglés]]: ''Vinganza da Raíña Ana'') e equipouno con corenta canóns. A finais de novembro, preto de San Vicente, atacou o navío ''Great Allen''. Tras un longo enfrontamento forzou ao gran e ben armado navío mercante a se render e ordenoulle que navegase cara aá costa, desembarcando a tripulación e baleirando as bodegas de carga, para posteriormente queimar e afundir o navío. Este incidente publicouse no ''The Boston News-Letter'', que describiu a Teach como o comandante dun "navío francés de trinta e dous canóns, un [[bergantín]] de dez canóns e unha corveta de doce canóns." Descoñécese en que momento ou lugar conseguiu Teach o bergantín de dez canóns, pero sábese que naquel entón estaba ao mando de como mínimo cento cincuenta homes divididos entre os tres navíos.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Lee|1974|p=18}}</ref><ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|p=88}}</ref>
 
O [[5 de decembro]] de [[1717]] Teach parou a corveta mercantil ''Margaret'' na costa da Illa do Cangrexo, próxima a [[Anguila]]. O seu capitán Henry Bostock e a tripulación permaneceron como prisioneiros case oito horas e foron forzados a ver como saqueaban a súa corveta. Bostock, levado a bordo do ''Queen Anne's Revenge'', foi devolto ileso ao ''Margaret'' e puido marchar coa súa tripulación.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|pp=154–155}}</ref> Bostock retornou a súa base de operacións na [[Saint Kitts|Illa de Saint Kitts]] e informou do suceso ao gobernador Walter Hamilton, quen lle pediu que asinase unha declaración xurada sobre o acontecido. O mariñeiro describiu a Teach ao mando de dous navíos: unha corveta e un gran navío negreiro francés de construción [[Países Baixos|neerlandesa]], con 36 canóns e unha tripulación de trescentos homes. O capitán cría que o navío máis grande levaba unha gran carga de ouro, prata e "unha copa moi fina" presuntamente roubada do comandante do ''Great Allen''.{{Efn|Konstam considera isto improbábel e que os piratas moi probablemente "tomaran o pelo ao prisioneiro con historias esaxeradas".<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=90–91}}</ref>|group=lower-alpha}} A tripulación pirata aparentemente comentaralle a Bostock a destrución de varios outros navíos, e que posuían a intención de navegar cara a [[A Española|Hispaniola]] e agardar por varios barcos da armada española, que estarían cargados de diñeiro para pagar as forzas militares. Bostock declarou tamén que Teach lle preguntara sobre os movementos de navíos locais, e que o pirata non se sorprendera ao ser informado de que se esperaba un perdón real de [[Londres]] para todos os piratas.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Lee|1974|pp=27–28}}</ref>
Liña 51:
 
=== Ampliación da frota ===
Os movementos de Teach entre finais de 1717 e comezos de 1718 son descoñecidos. Xunto a Bonnet foron probabelmente responsábeis dun ataque á praza de [[San Eustaquio]], en decembro de 1717. Henry Bostock declarara ter escoitado os piratas planeando ir en dirección á [[Baía de Samaná]] na [[A Española|Hispaniola]], mais unha procura na zona non revelou ningunha actividade pirata. O capitán Hume do HMS ''Scarborough'' informou o [[6 de febreiro]] que un "navío pirata de trinta e seis canóns e douscentos e cincuenta homes, e unha corveta de dez canóns e cen homes estaban cruzando as [[Illas de Sotavento]]". Hume reforzou a súa tripulación armando os soldados con [[mosquete]]s e xuntouse co HMS ''Seaford'' para perseguir os piratas aínda que sen éxito, a pesar de discernir que dúas embarcacións piratas afundiran un buque francés na praza de [[Saint Kitts|Illa de Saint Kitts]], informando tamén que a última vez vírano "indo cara oao lado norte da Hispaniola". Malia non existir confirmación de que estes dous navíos estivesen controlados por Teach e Bonnet, o autor Angus Konstam cre que é moi probábel que estes fosen os seus navíos.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|pp=124–126}}</ref>
 
En marzo de 1718, estando en augas da Illa Turneffe ao leste de [[Belize]], dous navíos avistaron unha corveta [[xamaica]]na, a ''Adventure'', en dirección ao porto da illa. A corveta foi detida e o seu capitán, David Harriot, foi convidado para se xuntar aos piratas. Harriot e súa tripulación aceptaron, e Teach enviou parte de súa tripulación para auxiliar o ''Adventure'', nomeando a [[Israel Hands]] como o seu capitán.<ref>{{Harvnb|Downey|2012|p=44}}</ref> Navegaron cara a [[Baía de Honduras]], onde engadiron un navío e catro corvetas máis a súa frota.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Lee|1974|pp=30–33}}</ref><ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|pp=127–128}}</ref> O 9 de abril, a nova frota saqueou e queimou o ''Protestant Caesar''. De seguido, navegaron cara oao [[Gran Caimán]] onde capturaron un pequeno barco tartaruga.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Lee|1974|pp=36–37}}</ref> Despois probabelmente navegaron cara [[A Habana]], onde poderían ter capturado unha pequena embarcación española que partía do porto [[cuba]]no. De alí partiron cara aá costa oeste de [[Florida]] e desembarcaron a tripulación española que fora capturada, para seguir posteriormente en dirección a [[Charleston, Carolina do Sur|Charleston]], atacando tres navíos durante o camiño.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|p=130}}</ref>
 
=== Bloqueo de Charleston ===
Liña 59:
Por maio de 1718, no apoxeo do seu poder, Teach concedeuse a si mesmo o rango de [[Comodoro]]. Ao final dese mes, a súa frota bloqueou o porto de [[Charleston, Carolina do Sur|Charleston]] (entón coñecido como Charles Town) en [[Carolina do Sur]]. Todos os navíos que entraban ou saían do porto eran detidos, e como a cidade non tiña ningún buque de garda,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|p=164}}</ref> o [[barco-piloto]] foi o primeiro en ser capturado. Durante os seguintes cinco ou seis días, preto de nove navíos foron detidos e saqueados mentres tentaban navegar para alén dos bancos de area de Charleston, onde a frota pirata estaba ancorada. Un deses navíos, o ''Crowley'', con destino para [[Londres]], levaba a bordo un grupo de cidadáns prominentes de Charleston, incluíndo a Samuel Wragg, membro do Consello da Provincia de Carolina. Os pasaxeiros foron interrogados sobre os navíos que aínda estaban no porto, e despois foron aprisionados no compartimento de cargas do ''Crowley''. Barba Negra informou aos reclusos que súa tripulación precisaba medicamentos do goberno colonial de Carolina do Sur, e ameazou que no caso de que a petición non fose atendida, todos os reféns serían executados e súas cabezas enviadas ao gobernador, alén de todos os navíos capturados seren queimados.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Lee|1974|pp=39-42}}</ref>
 
O capitán Wragg concordou coas demandas, e un refén chamado Marks xunto de dous piratas foron á terra, onde tiñan un prazo de dous días para recadar os medicamentos. Teach moveu a súa frota e os navíos capturados a unhas cinco ou seis [[legua]]s (entre 24 e 27 [[km]]) da terra. Tres días despois un mensaxeiro enviado por Marks volveu para a frota coa noticia de que a súa embarcación sufrira un accidente e precisarían de máis tempo. Teach dispuxo unha espera de dous días máis, tralos que convocou unha reunión con súa tripulación e enviou oito navíos cara oao porto, causando o pánico na cidade. Cando Marks regresou á frota, explicou o sucedido. A súa chegada presentou as demandas ó gobernador e os medicamentos foron rapidamente entregados, porén os dous piratas enviados para escoltalo desapareceran, pasando varios días ata que os atoparon bébedos.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Lee|1974|pp=42-47}}</ref> Teach mantivo a súa palabra no acordo e liberou os navíos capturados e os reféns, quitándolles previamente as súas pertenzas de valor, incluíndo algunhas pezas de roupa fina que levaban posta.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Lee|1974|p=47}}</ref>
 
=== Esteiro de Beaufort ===
Mentres estaba en Charleston, Barbanegra coñeceu a nova da saída de [[Woodes Rogers]] dende [[Inglaterra]] con varios ''[[men-of-war]]'', coa orde de liberar de piratas as [[Indias Occidentais]]. A frota de Teach navegou cara oao norte ao longo da costa do [[Océano Atlántico|Atlántico]] en dirección ao [[Estuario|Esteiro]] de Topsail (coñecido tamén como Esteiro de Beaufort), na costa da [[Carolina do Norte]], coa intención de carenar os seus navíos e facer o mantemento dos cascos. Porén, o ''Queen Anne's Revenge'' encallou nun banco de area, quebrando seu [[mastro]] principal e danándoo gravemente. O capitán ordenou que varias corvetas tirar cordas ao redor do buque insignia para tentar liberalo. A corveta ''Adventure'', comandada por Israel Hands, tamén encallou, quedando ámbolos dous navíos danados de forma irreversíbel.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=50–51}}</ref> Finalmente abandonaron os barcos e partiron a bordo do ''Revenge'' (do [[lingua inglesa|inglés]]: ''Vinganza'') e unha corveta española capturada.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=183}}</ref>
 
Barbanegra coñecía a posibilidade do perdón real e manexou a posibilidade de aceptalo. O indulto estaba aberto para todos os piratas que se renderan antes do [[5 de setembro]] de [[1718]], mais contiña unha excepción que estabelecía que só serían perdoados de crimes cometidos antes do [[5 de xaneiro]]. Aínda que, na teoría, Bonnet e Teach poderían ser enforcados polas súas accións en Charleston, a maioría das autoridades poderían renunciar a tales condicións. Teach pensou que o gobernador [[Charles Eden]] era un home no cal podería confiar, mais para asegurarse, agardou para ver o que acontecía con outro capitán.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=183–185}}</ref> Bonnet partiu inmediatamente nun pequeno barco a vela, posibelmente unha lancha do ''Queen Anne's Revenge'', cara a [[Bath, Carolina do Norte|Bath Town]], onde se rendeu ao gobernador Eden e recibiu o perdón. Bonnet viaxou de volta cara oao Esteiro de Beaufort coa intención de buscar seu navío ''Revenge'' e a tripulación restante para navegar até a illa de [[San Tomé, Illas Virxes|San Tomé]] e recibir unha comisión. Porén, Barbanegra baleirara o navío dos seus obxectos de valor e das provisións, abandonado a súa tripulación á deriva. Bonnet decidiu vingarse de Teach, mais non conseguiu atopalo. Bonnet e súa tripulación volveron á pirataría, resultando capturados o [[27 de setembro]] de 1718 na foz do [[río Cape Fear]]. Todos, con excepción de catro deles, foron xulgados e enforcados en Charleston.<ref name="Leepp5254">{{Harvnb|Lee|1974|pp=52–54}}</ref>{{refn|O navío capturado ''Revenge'' incluíuse posteriormente nunha frota de naves comandada polo gobernador de Carolina do Sur. A frota realizou un ataque nun grupo de piratas á entrada do porto de Charleston, dando como resultado a execución de 49 piratas nun mes, que foron aforcados e expostos preto de [[Battery Park (Charleston)|White Point]].<ref name="Leepp5254"/>|group=lower-alpha}}
 
O autor Robert Lee supuxo que Teach e Hands encallaran os navíos intencionadamente alí para reducir a cantidade de tripulantes, aumentando a súa parte dos espolios. Durante o xuízo da tripulación de Bonnet, o contramestre do ''Revenge'', Ignatius Pell declarou que "o navío [de Teach] foi deixado en terra e se perdeu, Thatch causou o feito".<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Cobbett|Howell|Howell|1816|p=1249}}</ref> Lee considera plausíbel que Teach informase a Bonnet sobre o plan de aceptar o perdón do gobernador Eden. Barbanegra suxeriu que Bonnet fixese o mesmo, e como a guerra entre a [[Guerra da Cuádrupla Alianza|Cuádrupla Alianza]] e [[España]] estaba comezando, podería entón considerar unha comisión como corsario de Inglaterra. Lee suxire tamén que Teach ofreceu a Bonnet a devolución do seu navío ''Revenge''.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=51–52}}</ref> Konstam propón unha idea semellante, explicando que Teach comezou a ver o ''Queen Anne's Revenge'' como unha especie de carga. O feito dunha frota pirata ancorada fixo que a noticia se estendese polas as cidades veciñas e as colonias, e calquera embarcación nas proximidades podería atrasar a partida. Para Teach foi polo tanto prudente non permanecer por moito tempo, a pesar que se considera que destruír o navío foi unha medida un tanto extrema.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|pp=150,&nbsp;167}}</ref>
Liña 70:
=== Esteiro de Ocracoke e Perdón Real===
[[Ficheiro:Ocracoke inlet north carolina 1775.jpg|dereita|miniatura|300px|Mapa da zona do [[Esteiro de Ocracoke]] en 1775<ref>{{Cita web|url=http://ncrec.dcr.state.nc.us/Cat/CatServer.ASP?WCI=MainEP&WCE=ViewMap&WCU=3.3.1.1.258;i|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20070701002625/http://ncrec.dcr.state.nc.us/cat/catserver.asp?WCI=MainEP&WCE=ViewMap&WCU=3.3.1.1.258;i|data-arquivo=1 de xullo de 2007|data-acceso=26 de maio de 2016|urlmorta=si|autor=Henry Mouzon et. al.|título=An Accurate Map of North and South Carolina With Their Indian Frontiers}}</ref>]]
Antes de navegar cara ó norte na súa última corveta cara oao [[esteiro de Ocracoke]], Teach deixou náufragos a uns 25&nbsp;homes nunha pequena illa que se atopaba a unha legua da costa, probablemente coa intención de evitar calquera tipo de posible protesta por mor dos seus plans de obter o perdón real. Estes homes serían rescatados por Bonnet dous días despois.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=187}}</ref> Teach continuou en dirección a Bath, onde en xuño de 1718 el e máis a súa xa reducida tripulación recibiron o seu perdón de mans do gobernador Eden.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=52–53,&nbsp;56}}</ref>
 
Afincouse en Bath, no lado este de Bath Creek, preto do fogar do gobernador Eden. Durante os meses de xullo e agosto viaxou entre a súa base na cidade e a súa corveta ancorada no esteiro de Ocracoke. O reconto de Johnson afirma que casou coa filla do dono dunha plantación local, malia que non existe ningún rexistro escrito deste feito. Teach recibiu o permiso do gobernador Eden para navegar cara a St. Thomas e procurar unha comisión como corsario, recibindo tamén o título oficial da súa corveta, á que nomeou ''Adventure''. Para finais de agosto xa estaba de volta na pirataría, e nese mesmo mes o gobernador de [[Pensilvania]] emitiu unha orde de arresto cunha recompensa. Porén, naquel entón Teach estaba a operar na [[Baía de Delaware]], a unha certa distancia do lugar. Capturou dous navíos franceses que partían do Caribe, trasladando a tripulación dunha a outra e navegando o navío restante de volta a Ocracoke.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=198–202}}</ref> En setembro dese mesmo ano informou a Eden de que atopara o navío francés abandonado no mar. Tivo entón lugar un xuízo presidido por Tobias Knight e o recadador de aduanas, no que se declarou o navío como atopado en estado de abandono no mar. Da súa carga, Knight recibiu 20&nbsp;barrís de [[azucre]], mentres que Eden recibiu 60. Teach e a súa tripulación recibiron a mercancía restante atopada no compartimento de carga do barco.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=80}}</ref>
 
O esteiro de Ocracoke era o lugar preferido de Teach para permanecer ancorado. Era un punto de vantaxe axeitado dende o que podía divisar os barcos que viaxaban entre os varios asentamentos de [[Carolina do Norte]], e foi dende ese lugar onde Teach divisou por primeira vez o barco de [[Charles Vane]], outro pirata inglés. Varios meses antes Vane rexeitara o perdón real ofrecido por Woodes Rogers e escapara dos man-of-war que o capitán inglés levara consigo a [[Nassau, Bahamas|Nassau]]. Fora perseguido tamén polo anterior comandante de Teach, Benjamin Hornigold, que naquel entón era un cazador de piratas. Teach e Vane pasaron varias noites na punta sur da Illa Ocracoke, acompañados doutros piratas notables coma [[Israel Hands]], Robert Deal e [[Calico Jack]].<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=85,&nbsp;88–90}}</ref>
Liña 86:
Malia isto Spotswood conseguiu información de Howard sobre o paradeiro de Teach,<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=105}}</ref> e fixo plans para enviar as súas forzas cruzando a fronteira ata Carolina do Norte para capturalo.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=106}}</ref> Conseguiu o apoio de Edward Moseley e do Coronel Maurice Moore para desacreditar ó gobernador de Carolina do Norte, e escribiu unha carta ós [[Comité de Comercio|Lores do Comercio]] na que suxería que a Coroa sairía beneficiada coa captura de Teach. Spotswood financiou persoalmente a operación e ordenou que os Capitáns Gordon e Brand do HMS ''Pearl'' e do HMS ''Lyme'' viaxasen ata Bath. O tenente Robert Maynard do HMS ''Pearl'' recibíu o mando de dúas corvetas requisadas para que se achegasen ata a cidade dende o mar.{{refn|O HMS ''Pearl'' e o HMS ''Lyme'' tiñan demasiado calado e non podían navegar polas augas pouco profundas do esteiro de Ocracoke.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=241}}</ref>|group=lower-alpha}} Como incentivo a Asemblea de Virxinia ofreceu unha recompensa pola captura de Teach, maior que a ofrecida pola Coroa.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=108–110}}</ref>
 
Maynard tomou o mando das dúas corvetas armadas o 17 de novembro, con 57 homes ó seu cargo, 33 do HMS ''Pearl'' e 24 do HMS ''Lyme''. Maynard e o destacamento do HMS ''Pearl'' tomaron o maior dos dous navíos e nomeárono ''Jane'', mentres que o resto tomou o ''Ranger'', comandado por un dos oficiais de Maynard, Mister Hyde. Partiron dende [[Kecoughtan, Virxinia|Kecoughtan]] o 17 de novembro, navegando polo [[Río James]].<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=242–244}}</ref> As dúas corvetas movíanse lentamente, para darlle tempo as tropas de Brand de chegar a Bath. Brand partiu cara a Carolina do Norte seis días despois, chegando a unha distancia duns 4–5&nbsp;km de Bath o 23 de novembro. Entre eles estaban tamén o Coronel Moore e o Capitán Jeremiah Vail, enviados para evitar calquera obxección local pola presenza de soldados foráneos na colonia. Moore entrou na cidade para procurar se Teach se atopaba alí, informando de volta que non era tal, pero que se esperaba que chegara "a cada minuto". Brand foi entón ata a casa do gobernador e informoulle do seu propósito. Ó día seguinte Brand enviou dúas canoas polo [[Río Pamlico]] ata o Esteiro de Ocracoke, na procura de sinais de Teach, que retornaron dous días despois con información sobre o seu paradeiro.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=111–112}}</ref>
 
===Última batalla===
Liña 92:
Maynard atopou ós piratas ancorados na cara interior da Illa [[Ocracoke, Carolina do Norte|Ocracoke]] a noite do 21 de novembro.<ref>{{Harvnb|Woodard|2007|pp=289–290}}</ref> Sabía da súa posición grazas a varios navíos que detivo durante a súa viaxe, pero non estaba familiarizado coas canles e bancos locais, polo que decidiu agardar ata a mañá seguinte para comezar o ataque. Parou todo o tráfico entrante no esteiro, previndo así calquera tipo de alerta da súa presenza, e apostou vixías en cada unha das corvetas para asegurar que Teach non puidese escapar por mar.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=113}}</ref> Do outro lado da illa Teach estaba ocupado cos seus invitados e non tiña postos de vixía. A súa tripulación era tamén reducida, xa que Israel Hands estaba en Bath cuns 24 dos mariñeiros do ''Adventure''. Segundo [[Capitán Charles Johnson|Johnson]] o pirata "non tiña máis de vinte e cinco homes a bordo" e "dicíalle a tódolos navíos cos que falaba que tiña corenta".<ref>{{Harvnb|Johnson|1724|p=81}}</ref> "Trece brancos e seis Negros" foi o numero que Brand reportou posteriormente ó Almirantazgo.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=210}}</ref>
 
Ó amencer as dúas corvetas entraron na canle, precedidas dunha pequena embarcación facendo sondaxes de profundidade. O ''Adventure'' divisou as embarcacións e disparou en canto estiveron dentro do alcance dos seus canóns. A pequena barca retirouse rapidamente ata o ''Jane'', pero os disparos alcanzaron ó ''Adventure'', cortando a cadea da áncora. A tripulación do ''Adventure'' levantou as velas e manobrou para apuntar os canóns de estribor cara asás corvetas de Maynard, que se estaban achegando cada vez máis.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=246–248}}</ref> Hyde levou ó ''Ranger'' ata o lado de babor do ''Jane'' e ámbolos dous navíos despregaron a [[Union Jack]]. O ''Adventure'' xirou cara aá praia da Illa Ocracoke, en dirección a unha canle estreita.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=115–117}}</ref> O que sucedeu a continuación non se coñece con certeza. Segundo Johnson tivo lugar un intercambio de disparos entre as tripulacións e o ''Adventure'' encallou nun banco de area, mentres que Maynard botou a áncora e baleirou o seu barco para poder atravesar o obstáculo. Outra versión do suceso indica que o ''Jane'' e o ''Ranger'' embarrancaron, aínda que Maynard non deixou constancia disto na súa bitácora.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=252}}</ref>
 
O que si se coñece é que o ''Adventure'' apuntou os seus canóns cara asás dúas embarcacións e disparou unha salva, causando que Maynard perdese un terzo das súas forzas. Uns vinte homes no ''Jane'' e outros nove no ''Ranger'' resultaron feridos ou mortos. Hyde faleceu, e o seu segundo e terceiro oficial estaban tamén mortos ou feridos de gravidade. A súa corveta resultou tan danada que non puido continuar participando no ataque.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=118}}</ref> Os informes contemporáneos do suceso volven a ser confusos neste punto, pero crese que un intercambio de disparos con [[arma de fogo|armas lixeiras]] dende o ''Jane'' puido rachar unha das velas do ''Adventure'', provocando que a tripulación perdese o control do navío e que este encallase nun banco de area. Tras este ataque de Teach o ''Jane'' e o ''Ranger'' puideron ter embarrancado tamén, polo que a batalla pasou a ser unha carreira para ver quen conseguía reflotar antes o seu barco.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=253}}</ref>
 
[[Ficheiro:Capture-of-Blackbeard.jpg|miniatura|esquerda|300px|''Capture of the Pirate, Blackbeard, 1718'', de [[Jean Leon Gerome Ferris]]]]
O tenente mantiña moitos dos seus homes baixo cuberta anticipando unha abordaxe, e ordenoulles que se preparasen para o combate corpo a corpo. Teach conseguiu reducir a distancia entre os navíos e ordenoulle a súa tripulación que se preparase. Os barcos fixeron contacto cando os ganchos do ''Adventure'' alcanzaron o obxectivo, e lanzaron varias [[granada]]s cara aá cuberta da corveta, feitas con botellas cheas de [[pólvora]] e balas prendidas cunha mecha. En canto desapareceu o fume destas, Teach e os seus homes abordaron o barco, animados ó ver que o barco de Maynard estaba case baleiro e disparando cara oao tenente e un pequeno grupo de homes que estaban apostados na popa.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=119–120}}</ref>
 
O resto da tripulación de Maynard saíron correndo do compartimento de cargo, gritando e disparando. O plan de sorprender a Teach tivo éxito e os piratas estaban desprevidos ante este asalto. Teach xuntou ós seus homes e os dous grupos loitaron por toda a cuberta. Maynard e Teach dispararon as súas armas o un ó outro. Teach sacou o seu [[alfanxe]] e conseguiu rachar a espada de Maynard. Grazas o adestramento militar e unha pequena vantaxe de número, os piratas foron acurralados cara aá proa, e a tripulación do ''Jane'' conseguiu arrodear a Maynard e Teach, que nese momento quedou illado dos seus homes.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=255–257}}</ref> Cando Maynard estaba a cargar a súa arma para disparar de novo, Teach atacouno, pero recibiu un corte no pescozo por parte dun dos homes de Maynard. O resto de piratas rendeuse entón. Os que quedaban no ''Adventure'' foron capturados pola tripulación do ''Ranger'', incluíndo un que tentara prenderlle lume ó compartimento da pólvora para facer estoupar o barco.<ref name="Lee120123"/>
 
Os distintos informes das baixas resultantes da batalla indican números dispares. Maynard informou que morreran 8 dos seus homes e 12 piratas, mentres que Brand informou que os mortos foran 10 piratas e 11 homes de Maynard, e Spotswood afirmou que finaran 10 piratas e 10 homes do Rei.<ref name="Lee120123">{{Harvnb|Lee|1974|pp=120–123}}</ref> Maynard puido examinar o corpo de Teach posteriormente, e viu que recibira uns cinco disparos e tiña uns vinte cortes de arma branca. Tamén atopou varios obxectos de correspondencia, incluíndo unha carta de Tobias Knight dirixida a Teach. O cadáver de Teach foi arroxado ó esteiro, mais a súa cabeza foi colgada nun dos mastros da corveta de Maynard como proba para recadar a recompensa.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=122, 124}}</ref>