Arantxa Sánchez Vicario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 13:
O ano máis exitoso da xogadora española en categoría individual foi [[1994]], cando gañou oito torneos, entre eles o [[Roland Garros]] por segunda vez e o [[Aberto dos Estados Unidos]].<ref>[http://hemeroteca.elmundodeportivo.es/preview/1994/09/11/pagina-33/1296073/pdf.html Colosal]</ref> En [[1998]], gañou o seu terceiro título no [[Torneo de Roland Garros|torneo francés]], completando desta forma, o seu cuarteto de títulos de [[Grand Slam de tenis|Grand Slam]] en categoría individual. Cabe destacar que tamén foi finalista en categoría individual nos catro torneos do Grand Slam. Ese mesmo ano Arantxa Sánchez Vicario é galardoada co [[Premio Príncipe de Asturias dos Deportes]].
 
Sánchez Vicario converteuse na número 1 do mundo no rankingránking da [[WTA]] na categoría individual en [[1995]] (durante doce semanas). Esta clasificación coincidiu no tempo coa súa primeira posición na categoría de dobres, polo que se converteu na segunda xogadora na historia (a primeira foi [[Martina Navrátilová]] en [[1987]]) en manter simultaneamente o número 1 en ambas as categorías. Só outras tres xogadoras repetiron este feito, [[Martina Hingis]], [[Lindsay Davenport]] e [[Kim Clijsters]].
 
No ránking de dobres permaneceu entre os anos [[1992]] e [[1997]] un total de 111 semanas como número 1 do mundo. No ránking individual da [[WTA]] terminou entre as dez primeiras xogadoras do mundo un total de 11 tempadas. Na categoría de dobres estivo 10 tempadas entre as dez mellores do mundo, destacando en 1995 e 1996 cando finalizou como número 1 do mundo.