Diferenzas entre revisións de «Arantxa Sánchez Vicario»

Tradución da wikipedia en castelán
m (→‎top: arranxos, removed: {{deporte en progreso}} using AWB)
(Tradución da wikipedia en castelán)
'''Aránzazu Isabel María Sánchez Vicario''', máis coñecida como '''Arantxa Sánchez Vicario''', nada en [[Barcelona]] o [[18 de decembro]] de [[1971]], é unha ex [[tenis]]ta [[España|española]].
 
Durante a súa carreira fofoi número 1 do mundo da [[WTA]] en [[1995]]. Gañou catro títulos do [[Grand Slam de tenis|Grand Slam]] en categoría individual, seis en categoría de dobres e catro en dobres mixtos, ademais de catro medallas olímpicas e cinco títulos de [[Fed Cup|Copa Federación]] co Equipo español.
 
== Traxectoria ==
Arantxa Sánchez Vicario naceu en [[Barcelona]] en [[1971]] nunha familia con gran afección [[Tenis|tenística]], sendo a menor dos catro irmáns do matrimonio formado por Emilio Sánchez Benito e María Luisa Vicario Rubio (Marisa, [[Emilio Sánchez Vicario|Emilio]], [[Javier Sánchez Vicario|Javier]] e Arantxa).<ref>[http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1985/08/22/pagina-39/518747/pdf.html?search=Marbella Hemeroteca Mundo Deportivo]</ref> Aos 4 anos de idade comezou a xogar ao tenis, seguindo os pasos dos seus irmáns maiores [[Emilio Sánchez Vicario|Emilio]] e [[Javier Sánchez Vicario|Javier]]. En 1985, con 14 anos, fíxose profesional. Nos seus inicios alcumóuselle como "o abellón de Barcelona".<ref name="apodo">{{Cita Web |título= Seis anos do adeus do 'abellón de Barcelona'. Arantxa Sánchez Vicario comunicaba oficialmente en 2002 que colgaba a raqueta |obra= Marca |autor= David Menayo |data= 12 de novembro de 2008 | url= http://archivo.marca.com/edicion/marca/tenis/es/desarrollo/1183360.html }}</ref>
 
=== Individual e dobres ===
Arantxa sacudiu o mundo do tenis cando en [[1989]], sendo 10ª do mundo e apenas coñecida no circuíto, derrotou á número 1 do mundo [[Steffi Graf]] na final do torneo de [[Torneo de Roland Garros|Roland Garros]]. Con esta vitoria, ademais de gañar o título, Arantxa convertíase na xogadora máis nova ata ese momento en gañar o [[Torneo de Roland Garros|Aberto de Francia de Tenis]] (a marca só lle durou un ano, xa que na seguinte edición, a serbia [[Monica Seles]] gañaba o título con tan só 16 anos). A partir dese momento, os partidos entre Steffi e Arantxa converteríanse nun clásico do tenis feminino pola súa dureza e gran xogo. Aínda que Arantxa carecía de talento tenístico compensábao con fartura grazas á súa entrega na pista. Nas semifinais do [[Masters de Canadá]] de [[1989]], Arantxa despachou a [[Gabriela Sabatini]] 3-6, 7-5 e 6-3, antes de perder ante [[Martina Navrátilová]] na final. En [[1992]], Arantxa arroiou a Sabatini na final do torneo de Key Biscayne por 6-1 e 6-4.
 
O ano máis exitoso da xogadora española en categoría individual foi [[1994]], cando gañou oito torneos, entre eles o [[Roland Garros]] por segunda vez e o [[Aberto dos Estados Unidos]].<ref>[http://hemeroteca.elmundodeportivo.es/preview/1994/09/11/pagina-33/1296073/pdf.html Colosal]</ref> En [[1998]], gañou o seu terceiro título no [[Torneo de Roland Garros|torneo francés]], completando desta forma, o seu cuarteto de títulos de [[Grand Slam de tenis|Grand Slam]] en categoría individual. Cabe destacar que tamén foi finalista en categoría individual nos catro torneos do Grand Slam. Ese mesmo ano Arantxa Sánchez Vicario é galardoada co [[Premio Príncipe de Asturias dos Deportes]].
 
Sánchez Vicario converteuse na número 1 do mundo no ranking da [[WTA]] na categoría individual en [[1995]] (durante doce semanas). Esta clasificación coincidiu no tempo coa súa primeira posición na categoría de dobres, polo que se converteu na segunda xogadora na historia (a primeira foi [[Martina Navrátilová]] en [[1987]]) en manter simultaneamente o número 1 en ambas as categorías. Só outras tres xogadoras repetiron este feito, [[Martina Hingis]], [[Lindsay Davenport]] e [[Kim Clijsters]].
 
No ránking de dobres permaneceu entre os anos [[1992]] e [[1997]] un total de 111 semanas como número 1 do mundo. No ránking individual da [[WTA]] terminou entre as dez primeiras xogadoras do mundo un total de 11 tempadas. Na categoría de dobres estivo 10 tempadas entre as dez mellores do mundo, destacando en 1995 e 1996 cando finalizou como número 1 do mundo.
 
En categoría de dobres, Arantxa Sánchez Vicario gañou os títulos en [[Open de Australia|Australia]] nos anos 1992 (xunto a [[Helena Suková]]), 1995 (con [[Jana Novotná]]) e 1996 (con [[Chanda Rubin]]), no [[US Open|Aberto dos Estados Unidos]] en 1993 (con [[Helena Sukova]]) e 1994 (xunto a [[Jana Novotná]]), e en [[Torneo de Wimbledon|Wimbledon]] en 1995 (tamén con Jana). Gañou ademais catro títulos do Grand Slam en categoría de dobres mixtos.
 
=== Representando a España ===
En [[1991]], Arantxa axudou a España a gañar o seu primeiro título na [[Fed Cup|Copa Federación]], derrotando ao equipo dos [[Estados Unidos]] na final. Foi xogadora dos equipos españois que gañaron a Copa Federación cinco veces en 1991, 1993, 1994, 1995 e 1998. Sánchez Vicario ten a marca de maior número de triunfos en categoría individual e dobres conseguida por calquera xogadora nesa competición, con 72 vitorias. Tamén ten as marcas de maior cantidade de partidos disputados (100 partidos, dos cales 72 foron individuais e 28 foron de dobres), e máis edicións xogadas (16).
 
Arantxa Sánchez Vicario foi tamén parte dos equipos españois que gañaron a [[Copa Hopman]] en 1990 e 2002.
 
Representou a España nos cinco edicións dos [[Xogos Olímpicos]]. A súa primeira participación foi nos [[Xogos Olímpicos de Seúl 1988]], onde participou unicamente en categoría individual e perdeu en 1ª rolda. Na súa segunda participación, en [[Xogos Olímpicos de Barcelona 1992|Barcelona]], competiu en individuais (perdeu en semifinais ante [[Jennifer Capriati]]) e en dobres (conseguiu a medalla de prata xunto a [[Conchita Martínez]]). Catro anos despois, en [[Atlanta 1996]], perdeu a final individual ante [[Lindsay Davenport]] e alcanzou as semifinais na categoría de dobres, xunto a [[Conchita Martínez]]. En [[Sydney 2000]] perdeu en cuartos de final en categoría individual e alcanzou 2ª rolda en categoría de dobres. Finalmente, en [[Atenas 2004]], perdeu en 1ª rolda na categoría de dobres. Nesas 5 participacións, a tenista española conseguiu dúas medallas de prata e dúas de bronce.
 
Arantxa Sánchez Vicario anunciou a súa retirada do tenis en novembro de [[2002]]. Con todo, regresou en [[2004]] para xogar nalgúns torneos de dobres e poder disputar os seus quintos [[Xogos Olímpicos]].<ref>[http://archivo.marca.com/tenis/adios_arantxa/portada.html Especial de ''El adiós de Arantxa''] marca.com</ref>
 
En [[2012]] regresa á competición como capitá da [[Copa Federación de tenis]] xunto ao adestrador [[Gabriel Urpí]], posto no que non conseguíu unha soa vitoria do equipo español e tras pouca implicación co equipo, foi animada pola [[RFET]] para dimitir do cargo.
 
== Vida privada ==
O seu primeiro matrimonio foi co xornalista (director do [[diario Sport]] desde outubro de 2007) Joan Vehils, co que contraeu matrimonio o 21 de xullo de 2000 no Castelo de Sant Marçal en [[Cerdanyola del Vallès]], separándose un ano máis tarde.<ref>{{Cita web|url = http://www.hola.com/famosos/2001/07/27/arantxa/ |título = Arantxa e Joan Vehils sepáranse despois dun ano de matrimonio |editor = hola.com}}</ref>
 
O 12 de setembro de [[2008]] casou no Castelo de [[Peralada]] ([[Provincia de Xirona|Xirona]]) co seu actual marido, José Santacana Blanch. O 31 de outubro de 2008 anunciou á prensa a través dun comunicado que estaba a esperar o seu primeiro fillo para a seguinte primavera. Así, a súa primeira filla, Arantxa, naceu o 27 de febreiro de [[2009]] en [[Barcelona]]. O 28 de outubro de 2011 naceu o seu segundo fillo, un neno chamado Leo.
 
A tenista fixou a súa residencia en [[Andorra]] para eludir impostos, sen informarse ben dos requisitos legais. En [[2011]] perdeu un xuízo contra Facenda, tendo entón que pagar varios millóns de euros dos impostos que non pagou de [[1989]] a [[1993]], deixándoa practicamente na ruína.<ref name="marca">[http://www.marca.com/2012/02/05/tenis/1328398522.html Arantxa Sánchez Vicario: "Non me falo con ninguén da miña familia"], ''Marca'', 5 de febreiro de 2012</ref> En febreiro de [[2012]] publicou a súa autobiografía ''Arantxa ¡Vamos! Memorias Memorias de una lucha, una vida y una mujer'', onde acusou publicamente aos seus pais de controlar en exceso a súa vida e diñeiro e de arruinala pola súa mala xestión económica (incluíndo o fixar a súa residencia en Andorra).<ref name="marca"/>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Sanchez Vicario, Arantxa}}
[[Categoría:Tenistas de España]]
[[Categoría:Campións do Open de Australia]]
[[Categoría:Campións do Roland Garros]]
[[Categoría:Campións do Campionato de Wimbledon]]
[[Categoría:Campións do US Open]]
[[Categoría:Premios Príncipe de Asturias dos Deportes]]
[[Categoría:Nados en Barcelona]]
[[Categoría:Nados en 1971]]
{{Deporte en progreso}}
47.582

edicións