Antonio Goicoechea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe e lig int
Liña 1:
[[Ficheiro:Antonio Goicoechea.jpg|miniatura|200px|Antonio Goicoechea.]]
'''Antonio Goicoechea Cosculluela''', nado en [[Barcelona]] o [[21 de xaneiro]] de [[1876]] e finado en [[Madrid]] o [[1 de febreiro]] de [[1953]], foi un avogado e político español.
 
== Traxectoria ==
Membro do [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]], en 1899 foi nomeado letrado do [[Consejo de Estado (España)|Consello de Estado]] e en 1919 foi ministro de Gobernación no goberno de [[Antonio Maura]], pero dimitiu ao pouco tempo pola oposición tanto dos liberais como dos partidarios de [[Eduardo Dato]]. Foi elixido deputado polo distrito de Becerreá nas [[Eleccións Xerais 1907 en España|eleccións xerais de 1907]] e [[Eleccións Xerais 1910 en España|1910]], por Madrid nas [[Eleccións Xerais 1918 en España|eleccións de 1918]] e por Monforte nas de [[Eleccións Xerais 1919 en España|1919]]. Elixido senador pola [[provincia de Murcia]] en 1922, colaborou coa [[ditadura de Primo de Rivera]] e en 1927 afiliouse á [[Unión Patriótica]].
 
Coa proclamación da [[Segunda República Española]] afiliouse a [[Acción Nacional]] e máis tarde foi membro fundador de [[Renovación Española]], partido polo que foi elixido deputado ennas [[Eleccións Xerais 1933 en España|eleccións de 1933]]. Participou activamente nona [[Guerra civil española|golpe]]sublevación do [[18 de xullo de 1936]]. Viaxou a [[Italia]] para recabar axuda económica para os partidarios de [[Francisco Franco|Franco]]. Cando se aprobou o [[Decreto de Unificación de 1937]], Goicoechea disolveu formalmente Renovación Española.
 
Abandonou a política, e entre 1938 e 1950 foi presidente do [[Banco de España]], do [[Banco Exterior de España]], do Banco Hipotecario e do [[Banco de Crédito Industrial]]. En 1943, xunto con outros procuradores en Cortes, firmou un escrito dirixido a Francisco Franco no que solicitaba a restauración da monarquía, "continuadora de nuestra tradición histórica".