Infección de transmisión sexual: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lingua
Liña 24:
*A [[Infección de clamidia|clamidia]] é unha doenza de transmisión sexual causada pola bacteria ''[[Chlamydia trachomatis]]''. Nas mulleres os síntomas poden ir dende supuracións anormais da vaxina, dor durante a micción e sangrado entre períodos, aínda que a maioría das mulleres non experimentan ningún síntoma.<ref name="King, B. 2009">King, B. (2009). Human Sexuality Today (Sixth ed.). Upper Saddle River: Pearson Education, Inc.</ref> Nos homes pode presentarse dor durante a micción e supuracións anomais do pene.<ref>{{cite web|url=https://www.nlm.nih.gov/medlineplus/chlamydiainfections.html |title=Chlamydia Infections: MedlinePlus |publisher=Nlm.nih.gov |accessdate=2013-06-30}}</ref> Se se deixa sen tratar, a clamidia pode infectar o tracto urinario tanto en homes como en mulleres e levar unha [[doenza pélvica inflamatoria]]. Esta pode ocasionar graves problemas durante o embarazo e mesmo provocar infertilidade. Tamén pode causar un embarazo ectópico potencialmente mortal. Porén, a clamidia pódese curar con antibióticos.
*As dúas formas máis comúns de [[herpes]] teñen orixe nunha infección por mor do [[virus do herpes simple]]. O virus da variedade 1 contáxiase oralmente e provoca herpes labial, mentres que o da variedade 2 contráese por medio de contacto sexual e afecta os xenitais. Porén, ámbalas dúas cepas do virus poden afectar a calquera dos dous sitios.<ref>http://www.webmd.com/genital-herpes/guide/genital-herpes-basics</ref> Algunhas persoas son asintomáticas ou presentan síntomas moi febles. Aqueles que experimentan síntomas normalmente percíbenos entre 2 e 20 días despois da exposición ao virus e dura entre dúas e catro semanas. Os síntomas poden incluír vexigas, dor de cabeza, dor de costas, sensación de proído ou formigueo nos xenitais ou na zona anal, dor durante a micción, síntomas gripais, inflamación das glándulas ou febre. O herpes contáxiase por medio do contacto cutáneo coa persoa infectada. O virus afecta as áreas onde entra no corpo. Isto pode acontecer con bicos, sexo vaxinal, sexo oral e anal. O virus é máis infeccioso durante o tempo no que os síntomas son visíbeis, aínda que as persoas asintomáticas poden espallar o virus co contacto coa pel.<ref>{{cite web|url=http://www.avert.org/herpes.htm|title=Herpes |publisher=Avert.org |accessdate=2013-06-30}}</ref> A primeira vez que unha persoa é contaxiada é a peor, xa que o corpo non ten anticorpos para facerlle fronte ao virus. Despois da primeira vez, os síntomas poden ser máis leves ou mesmo inexistentes. Non hai cura para a doenza mais existen medicamentos antivirais para tratar os síntomas e reducen os riscos de transmisión ([[Valaciclovir|Valtrex]]). Aínda que a cepa 1 é tipicamente a versión "oral" do virus e a 2 a "xenital", unha persoa coa cepa 1 na boca pode transmitir o virus á súa parella nos xenitais. O virus, sen importar o tipo, pode asentarse nun nervio da parte superior da columna vertebral e producir o brote "oral" ou na parte inferior da columna producindo o brote "xenital".
*O [[virus do papiloma humano]] (VPH) é a doenza de transmisión sexual máis común dos [[Estados Unidos de América]].<ref>{{cite web|url=http://familydoctor.org/familydoctor/en/diseases-conditions/human-papillomavirus-hpv.html |title=Human Papillomavirus (HPV) &#124; Overview |publisher=FamilyDoctor.org |date=2010-12-01 |accessdate=2013-06-30}}</ref> Existen máis de corenta cepas do virus e as máis das veces non causan problemas de saúde. No 90% dos casos, o [[sistema inmunolóxico]] do corpo elimina a infección de xeito natural en arredor de dous anos.<ref>{{cite web|url=http://www.cdc.gov/std/hpv/stdfact-hpv.htm |title=STD Facts - Human papillomavirus (HPV) |publisher=Cdc.gov |accessdate=2013-06-30}}</ref> Nos casos nos que o corpo non elimina a infección poden aparecer verrugas xenitais (bultosvultos arredor dos xenitais que poden ser grandes ou pequenos, elevados, planos ou con forma de coliflor) ou mesmo [[cancro cervical]] e outros tipos de [[cancro]] relacionados co virus. Os síntomas non adoitan aparecer até que a doenza non se atopa en estadíosestadios máis avanzados. É importante para as mulleres facer [[citoloxía vaxinal|citoloxías vaxinais]] para previr e tratar os casos de cancro. Tamén existen [[vacina]]s dispoñíbeis para mulleres como [[Cervarix]] e [[Gardasil]], que as protexen contra os tipos de VPH que causa cancro cervical. O VPH pódese contaxiar por medio de contacto xenital así como durante o sexo oral. É importante lembrar que a parella infectada non ten porqué amosar síntomas.
*A [[gonorrea]] está provocada por unha bacteria que vive na maioría das membranas da [[uretra]], [[vaxina]], [[recto]], [[boca]], [[gorxa]] e [[ollo]]s. A infección pódese contaxiar polo contacto co pene, a vaxina, a boca ou o ano. Os síntomas adoitan aparecen despois de dous ou cinco tralo contacto coa persoa infectada, aínda que algúns homes non amosan síntomas até pasado un mes. Entre eles inclúense dor e sensación de queimarse durante a micción, un incremento da frecuencia e necesidade de mexar, secrecións do pene (de cor branca, verde ou amarela), uretra inflamada, testítulos inflamados e sensíbeis e dor de gorxa. Nas mulleres os síntomas inclúen secreccións da vaxina, proído e sensación de queimarse durante a micción, relacións sexuais dolorosas, dor severa baixo o abdome (se a infección chega ás [[trompa de falopio]]) ou febre (se a infección chega ás [[trompa de falopio]]). Porén, moitas mulleres non amosan síntomas.<ref>{{cite web|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmedhealth/PMH0004526/ |title=Gonorrhea - National Library of Medicine - PubMed Health|publisher=Ncbi.nlm.nih.gov |accessdate=2013-06-30}}</ref> Existen cepas de gonorrea resistentes ao tratamento con antibióticos, mais a maioría poden curarse.
[[Ficheiro:SyphilistischeZiekten.jpg|miniatura|240px|Sífilis secundaria.]]
*A [[sífilis]] é unha doenza de transmisión sexual causada por unha bacteria. De non tratala, pode traer maiores complicacións e mesmo provocar a morte.<ref>{{cite web|url=http://www.cdc.gov/std/syphilis/stdfact-syphilis.htm |title=STD Facts –Syphilis |publisher=Cdc.gov |accessdate=2013-02-18}}</ref> As manifestacións clínicas da sífilis son a aparición de úlceras no tracto uro-xenital, na boca e no recto. Se non se tratan os síntomas empeoran. Nos últimos anos, a prevalencia da doenza diminuíu en [[Europa Occidental]], mais aumentou na [[Europa do leste]] e nos [[Estados Unidos de América]].<ref name="ClementOkeke2014">{{cite journal|last1=Clement|first1=Meredith E.|last2=Okeke|first2=N. Lance|last3=Hicks|first3=Charles B.|title=Treatment of Syphilis|journal=JAMA|volume=312|issue=18|year=2014|pages=1905|issn=0098-7484|doi=10.1001/jama.2014.13259}}</ref> Unha alta incidencia da sífilis pode atoparse en países como [[Camerún]], [[Cambodja]] e [[Papúa Nova Guinea]].<ref>{{cite web|url=http://www.who.int/docstore/hiv/GRSTI/005.htm |title=Syphilis |publisher=Who.int |accessdate=2013-02-18}}</ref>
*A [[tricomoníase]] é unha ETS común que está causada pola infección dun [[parasito]] [[protozoo]] chamado ''Trichomonas vaginalis''.<ref>{{cite web|url=http://www.cdc.gov/std/trichomonas/stdfact-trichomoniasis.htm |title=STD Facts – Trichomoniasis|publisher=Cdc.gov |accessdate=2013-02-18}}</ref> Afecta tanto a homes como a mulleres, aínda que os síntomas son máis frecuentes nas mulleres.<ref>{{cite web|url=https://www.nlm.nih.gov/medlineplus/trichomoniasis.html |title=Trichomoniasis: MedlinePlus|publisher=Nlm.nih.gov |accessdate=2013-02-18}}</ref> A maioría dos pacientes son tratados cun antibiótico chamado metronidazole, que é moi efectivo.<ref>{{cite web|url=http://www.nhs.uk/conditions/trichomonas_vaginalis/Pages/Introduction.aspx|title=Trichomoniasis – NHS Choices |publisher=Nhs.uk |date=27 February 2012 |accessdate=2013-02-18}}</ref>
*O [[VIH]] (Virus da inmunodeficiencia humana) ataca o [[sistema inmunolóxico]] do corpo, interfire na súa capacidade de protección contra as infeccións e permite que se produzan [[infección oportunista|infeccións oportunistas]] que ameazan a vida e favorecen a formación de [[cancro]]s. A infección por VIH orixina unha diminución ata niveis baixos das células T [[CD4]]+, vitais para o sistema inmunolóxico. A infección polo VIH contráese pola transferencia entre persoas de [[sangue]], [[seme]], [[lubricación vaxinal|fluído vaxinal]], [[preexaculado]], ou [[leite materno]] de persoas infectadas.<ref>{{cite web|url=http://www.mayoclinic.com/health/hiv-aids/DS00005|title=Hiv/Aids |publisher=[[Mayo Clinic]].com |date=2012-08-11 |accessdate=2013-06-30}}</ref> Cando o VIH se atopa no seu estadíoestadio máis avanzado, dicimos que un individuo ten [[SIDA]] (síndrome de inmunodeficiencia adquirida).<ref>{{cite web|url=http://www.avert.org/aids.htm |title=AIDS|publisher=Avert.org |accessdate=2013-06-30}}</ref> Existen varios estadíosestadios na progresión da infección de VIH: infección primaria, infección asintomática, infección sintomática e SIDA. No primeiro estadíoestadio de infección primaria o individuo terá síntomas semellantes aos da [[gripe]] (dor de cabeza, fatiga, febre e dor muscular) durante dúas semanas. No estadíoestadio asintomático, os síntomas desaparecen e o paciente pode permanecer asintomático durante varios anos. Cando o VIH avanza cara ao estadíoestadio sintomático, o sistema inmunolóxico está moi debilitado e hai un reconto moi baixo de células CD4+ ([[célula T axudante|células T axudantes]]. Cando o VIH supón un risco de morte para a persoa chámase SIDA. As persoas con SIDA contraen facilmente infeccións oportunistas e morren como consecuencia delas.<ref name="King, B. 2009"/> Cando se descubríu a doenza na [[década de 1980]], as persoas con SIDA non tiñan posibilidades de vivir máis que por uns poucos anos. Hoxe en día existen antiretrovirais que axudan a tratar a infección de VIH, mais non hai unha cura coñecida para o VIH ou a SIDA, mais os medicamentos axudan a reducir a cantidade do virus no corpo, polo que as persoas afectadas poden vivir máis anos e mellor. Porén, aínda que os niveis do virus no corpo sexan moi baixos existe un pequeno risco de contaxiar o virus a outras persoas.<ref>{{cite web|url=https://www.niaid.nih.gov/topics/hivaids/understanding/treatment/pages/default.aspx |title=HIV/AIDS Treatment|publisher=Niaid.nih.gov |date=2009-06-03 |accessdate=2013-06-30}}</ref>
 
=== Outros ===