Frans Hals: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 32:
 
A escaseza de documentos e a ausencia total de escritos persoais de Frans Hals fan que a súa personalidade e a súa vida permanezan un pouco na escuridade.
Hai varias datas hipotéticas sobre o seu nacemento, que puido ser cara a 1582-1583, deducidas da idade que os seus biógrafos calculan que tería cando morreu, aínda que con seguridade naceu na cidade flamencaflamenga de [[Antuerpen]]. Abandonaría esta cidade coa súa familia poucos anos despois, trasladándose a [[Haarlem]]. Xa en [[1591]] foi bautizado alí o seu irmán Dirck, que tamén se dedicaría á pintura.
 
Logo da caída de Antuerpen a mans das tropas españolas na [[Guerra dos Oitenta Anos]], que supuxo a fragmentación de [[Flandres]], a súa familia instalouse en Haarlem, na zona norte, de onde os seus pais eran orixinarios. En devandita cidade viviu Hals toda a súa vida. A biografía do pintor corre en paralelo coa independencia dos [[Países Baixos]] da monarquía [[España|española]].
 
Os estudos máis recentes desterraran a idea que sobre o pintor se tiña desde antigo sobre unha vida libertina e un incorrexible vicio polo alcohol. Hals pertencía á asociación oratoria ''De Wijngaertranken'' e á milicia cívica de San Xurxo, e era tamén membro da cámara de reutores e presidente desde 1644 do gremio de pintores de Haarlem. A rectitude e puritanismo destas sociedades non encaixa con que Hals tivese malos costumes e vicios coñecidos.
 
==Sombras na súa biografía==
{{Commonscat}}