Zamora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios using AWB
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución da wikipedia en castelán
Liña 46:
Artisticamente conta con numerosas igrexas de estilo [[románico]], destacando a súa [[catedral]], do mesmo estilo. Esta cidade tivo a súa etapa de maior importancia política durante a [[Reconquista]].
 
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Catedral zamora.JPG|480px|miniatura|esquerda|Catedral de Zamora]]
O termo municipal de Zamora ten unha extensión de 149,28 km². É a capital de provincia situada a menos altitude da [[Meseta Norte]]. Sitúase no curso medio do [[río Douro]], cunha configuración lonxitudinal ao longo do mesmo, na extensa rexión que forma a [[Meseta Norte]], a parte da [[Meseta Central]] situada ao norte do [[Sistema Central]], na zona noroeste da [[península Ibérica]]. Presenta unha paisaxe chaira, e con escasa vexetación por mor do seu [[clima mediterráneo]] con trazos de [[Clima continental|continentalidade]].
 
A parte oriental está sobre a veiga do río e actúa como fronteira coas comarcas de [[Tierra del Pan]] e [[Tierra del Vino]], situadas ao norte e ao sur respectivamente. A parte occidental é por onde se separa do río cara ao norte e actúa de fronteira coas comarcas de [[Tierra de Alba]] e de [[Sayago]].
 
O núcleo principal do centro urbano, cunha disposición moi alongada e en boa parte rodeado por murallas, álzase sobre unha ampla meseta rochosa de 26 a 32 metros de altura, emprazada ao bordo do [[río Douro]], que a cingue polo sur, características que lle valeron o sobrenome de "A ben cercada". A altitude é de 652,6 msnm.
 
== Demografía ==