Pierre Simon Laplace: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
influínte->influente
m Arranxos varios using AWB
Liña 16:
 
== Biografía ==
Nado nunha familia de granxeiros da baixa [[Normandía]], marchou estudar na [[Universidade de Caen]] onde foi recomendado a [[D'Alembert]], quen, impresionado pola súa habilidade matemática, o recomendou para un posto de profesor na Escola Militar de París en [[1767]], onde tivo entre os seus discípulos a [[Napoleón]]. En [[1785]] foi nomeado membro da [[Academia de Ciencias de Francia|Academia de Ciencias]] e en [[1795]], membro da cátedra de matemáticas do Novo Instituto das Ciencias e as Artes, que presidiría en [[1812]]. En [[1788]], casou coa xove Marie-Charlotte de Courty de Romanges, pertencente a unha familia de [[Besançon]] e 20 anos máis nova ca el, con quen tivo dous fillos: Sophie-Suzanne e Charles-Émile, nado en [[1789]] e que alcanzaría o grao de xeneral.
 
En [[1799]] foi nomeado ministro do interior durante o [[Consulado (Francia)|Consulado]], aínda que non estivo no cargo máis de seis semanas. O seu antigo alumno [[Napoleón Bonaparte|Napoléon I]] conferiulle en [[1805]] a [[lexión de honra]] e en [[1806]] o título de conde do [[Primeiro Imperio francés|Imperio]]. . En [[1816]] foi elixido membro da Academia Francesa. A pesar do seu pasado bonapartista, trala [[Segunda Restauración|restauración]] dos [[Borbón]]s foi bastante hábil como para conseguir ser nomeado marqués en [[1817]].<ref>[http://www.academie-francaise.fr/immortels/base/academiciens/fiche.asp?param=336 Biografía] da [[Académie française]]</ref>
 
== Obra ==
En [[1795]], Laplace empezou a publicar o primeiro dos cinco volumes que constitúen a súa ''Mecánica celeste'' e en [[1796]] imprimiu a súa ''Exposition du système du monde'', onde revela a súa [[hipótese nebular]] sobre a formación do [[sistema solar]] a partir dunha [[nebulosa]] ou remuíño de po e gas. Aínda que con moito maior detalle e múltiples refinamentos, esta "[[Hipótese nebular]]" permanece nos nosos días como o fundamento básico de toda a teoría da formación estelar.
 
Atento aos descubrimentos de nebulosas realizados por [[William Herschel]] en Inglaterra, Laplace pensou que o colapso gravitatorio dunha nebulosa podería ter dado orixe á formación do Sol e que o material que orbitaba arredor do Sol podería condensarse para formar unha familia de [[planeta]]s. Esta teoría explicaba de maneira natural que todos os planetas orbiten arredor do Sol no mesmo sentido (de oeste a leste) e que as súas órbitas estean nun mesmo plano. Herschel concordou con esta idea e xeneralizouna para explicar a formación e evolución de todas as estrelas e de sistemas estelares.
Liña 27:
A súa obra máis importante, ''Traité de mécanique céleste'' (''Tratado de mecánica celeste'', 1799-1825, 5 vols.), é un compendio de toda a astronomía da súa época, enfocada de modo totalmente analítico, e onde perfeccionaba o modelo de Newton, que tiña algúns fenómenos pendentes de explicar, en particular algúns movementos anómalos que seguían sen solución: [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]] estaba sometido a unha aceleración aparente mentres que [[Saturno (planeta)|Saturno]] parecía frearse pouco a pouco e a [[Lúa]] tamén mostraba un movemento acelerado. Se estes movementos continuaban indefinidamente, Saturno caería sobre o Sol, Xúpiter escaparía do sistema solar e a Lúa caería sobre a Terra. Con tan só 23 anos de idade, Laplace demostrou que a aceleración de Xúpiter e o freado de Saturno eran movementos periódicos. Os longuísimos períodos (arredor de mil anos) fixeran crer ata entón que estas variacións eran continuas e indefinidas ('seculares'); en [[1785]] demostrou que tales anomalías se debían á posición relativa de Xúpiter e Saturno respecto do Sol. Todo iso necesitou dunha cantidade enorme de cálculos moi detallados. En [[1787]] Laplace demostrou que o movemento anómalo da Lúa tamén era oscilatorio e que estaba ocasionado por pequenos efectos (de 'segunda orde') no sistema triplo Sol-Terra-Lúa. As variacións eran periódicas e, polo tanto, o sistema solar debía ser autorregulado, o que completaba a demostración da estabilidade do sistema solar enteiro.
 
Entre 1784 à 1787, Laplace producíu varias memorias que contiñan resultados excepcioanis. Entre eles determinou completamente a atracción dun esferoide sobre unha partícula externa a el. Isto é notable pola introdución en [[análise matemática]] dos esféricos harmónicos ou coeficientes de Laplace. Demostrou tamén que o [[potencial]], idea utilizada anteriormente por [[Joseph Louis Lagrange|Lagrange]], satisfai unha ecuación diferencial que agora é chamada [[ecuación de Laplace]] e que aparece en moitos campos da física matemática. Nas solucións desta e outras ecuacións aparece o chamado [[operador laplaciano]].
 
En [[1812]] publicou a súa ''Teoría analítica das probabilidades'' e en [[1814]] o seu ''Ensaio filosófico sobre a probabilidade''
Liña 39:
Este intelecto hipotético capaz de coñecer o devenir de todo o que existe tense coñecido como o ''demo de Laplace'' (cf. [[demo de Maxwell]]). Os descubrimentos da [[ciencia]] moderna, especialmente a [[Mecánica cuántica|física cuántica]] e o [[principio de incertidume]] e a [[teoría do caos]] semellan probar que a existencia de tal intelecto é imposible.
 
[[Napoleón]], referíndose a súa obra ''Exposition du système du monde'', comentoulle a Laplace: «Contanme que escribiu vostede ese gran libro sobre o sistema do universo sen mencionar nunca ao seu creador», e Laplace contestou: «Sire, nunca necesitei esa hipótese».
 
Laplace é recordado como un dos máximos científicos de todos os tempos, ás veces referido como o ''[[Isaac Newton|Newton]] de Francia'', cunhas fenomenais facultades matemáticas non posuídas por ningún dos seus contemporáneos.<ref name="eb1911">[Anon.] (1911) "[http://www.1911encyclopedia.org/Pierre_Simon,_Marquis_De_Laplace Pierre Simon, Marquis De Laplace]", ''[[Encyclopaedia Britannica]]''</ref>
Liña 46:
{{Listaref}}
 
{{ORDENAR:Laplace}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Laplace}}
[[Categoría:Matemáticos de Francia]]
[[Categoría:Nados en 1749]]