Diferenzas entre revisións de «Pradairo xaponés»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
 
Recoñécense tres [[subespecie]]s:<ref name="gelderen" /><ref name=rushforth />
* ''Acer palmatum'' subsp. ''palmatum''. Follas miúdas, 4–7 &nbsp;cm de largo, 5-7 lóbulos e marxes duplo serrados; ás de sementes de 10–15 [[mm]]; máis baixas altitudes a través do centro e sur do Xapón (Hokkaido fica excluído).
* ''Acer palmatum'' subsp. ''amoenum'' <small>([[Carrière]]) [[H.Hara]]</small>. Follas máis grandes, 6–10 &nbsp;cm de largo, 7-9 lóbulos e marxes simple serrados; ás de sementes de 20–25 &nbsp;mm. Maiores altitudes do Xapón e de Corea do Sur.
* ''Acer palmatum'' subsp. ''matsumurae'' <small>[[Koidz.]]</small> As máis grandes follas, 9–12 &nbsp;cm de largo, 7 (raramente 5 ou 9) lóbulos e marxes duplo serrados; ás de sementes de 15–25 &nbsp;mm. Maiores altitudes do Xapón.
 
== Cultivo e usos ==
Sobre 1.000 cultivares foron elixidos por características particulares, e poden só ser [[propagación vexetativa|propagados]] por [[Enxerto (agricultura)|enxerto]]. Algúns deses non están en cultivo no [[Hemisferio Occidental]] ou se perderon por xeracións, mais moitos novos cultivares se desenvolven cada década.<ref name="gelderen" /> Os cultivares elíxense por aspectos [[fenotipo|fenotípicos]] como forma e tamaño de follas (suave a profundamente lobuladas, algúns palmados), cor da folla (de clarísima a verde escura ou de vermella a púrpura negra, ou [[variegación|variegadas]] con diversos patróns de branco e rosa), textura e cor da casca, e patróns de crecemento. Algúns cultivares son árbores fortes e máis grandes e sólidas ou vizosas que a propia propia especie. Moitos son [[arbusto]]s que raramente acadan 5 [[dm]] en altura. Uns poucos e moi delicados [[cultivar]]es medran tipicamente en vasos e non chegan a máis de 3 [[dm]]. Algúns dos cultivares máis deformes ou ananos son froito de [[mutación]]s ou foron [[selección artificial|artificialmente seleccionadas]] sobre moitas xeracións.<ref name="gelderen" />
 
Moitos cultivares teñen características prominentes durante diferentes estacións do ano, incluíndo cor de novas ou vellas follas, cor no verán extraordinaria, cor e forma de samaras, ou incluso da casca, que se converte en máis brillante durante o inverno.
 
==== Cultivares de exemplo ====
393.002

edicións