Diferenzas entre revisións de «Festival de Cans»

m
Arranxos varios, replaced: {{Listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
m (Arranxos varios, replaced: {{Listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB)
Proxéctanse fundamentalmente curtametraxes galegas<ref>{{cita web|título=Bases para a presentación de curtametraxes.|url=http://www.culturagalega.org/imaxes/docs/cans_bases_curtas_clips012.pdf|editorial=Festival de Cans|dataacceso=21 de maio de 2016}}</ref> e pretende retirarlle todo o cerimonioso que teñen estes certames: as proxeccións non son en cines senón en [[alpendre]]s, [[Adega (industria)|adegas]] e baixos de casas; en vez de [[limusina]]s o "vehículo oficial" son os [[chimpín]]s etc., nun concepto que os seus organizadores denominan "agroglamour".
 
Está organizado pola [[Asociación Cultural Arela]] e os veciños e veciñas de Cans, baixo a coordinación do guionista Alfonso Pato. Ten dúas seccións principais, unha de [[ficción]] e outra de [[animación]]. O festival foi ano a ano ampliando as seccións. Dende 2005 existe o "Jalpón Friki", no que se proxectan curtas extravagantes. Dende 2006 estréanse longametraxes, como ''Por min e por todos os meus compañeiros'' de Judas Diz ese ano, e en 2007 ''[[Abrígate]]'' de Ramón Costafreda, ''Gritos no corredor'' de Juanjo Ramírez, ''Só concertinas'' de [[Víctor Coyote]], ''Cartas italianas'' de Marios Iglesias, ''A noite que deixou de chover'' de [[Alfonso Zarauza]], ''[[Doentes (filme)|Doentes]]'' de [[Gustavo Balza]], ''Personal Movie'' de [[Héctor Carré]] ou ''Escuchando al juez Garzón'' de [[Isabel Coixet]]. En 2007 abriuse unha sección para mostrar e premiar os mellores [[videoclip]]s galegos. En 2008 creouse a Sala Multiusos, que acolle proxeccións acompañadas de actuacións musicais no chamado Jaliñeiro Unplugged.
 
Cada ano as curtametraxes gañadoras en Cans proxéctanse en varias localidades galegas e diferentes cidades e festivais do mundo: xa se proxectaron en Lisboa, Porto, Madrid, Barcelona, Bristol, A Haia, Bruxelas, París, Dournenez e o Sáhara Occidental, entre outros.
 
Polo Festival de Cans teñen pasado, como convidados, premiados ou participantes nos coloquios, [[Isabel Coixet]]<ref>{{cita web|título=Isabel Coixet coloca a súa estrela no paseo da fama do Festival de Cans.|url=http://diariodepontevedra.galiciae.com/gl/noticia/134271/isabel-coixet-coloca-su-estrella-en-el-paseo-de-la-fama-del-festival-de-cans|editorial=[[Diario de Pontevedra]]|dataacceso=21 de maio de 2016}}</ref>, [[Juanma Bajo Ulloa]], [[Fernando León de Aranoa]], [[Manuel Martín Cuenca]], [[Patricia Ferreira]], [[Luís Tosar]], [[Tristán Ulloa]], [[Mabel Rivera]], [[María Pujalte]], [[José Sacristán]], [[Xoel López]], [[Kiko Veneno]], [[Iván Ferreiro]], [[Coque Malla]], [[Javier Krahe]], [[Manuel Rivas]], [[Lucía Etxebarria]], [[Suso de Toro]], [[El Gran Wyoming]], [[Teté Delgado]], [[Antonio Durán "Morris"]], [[Julián Hernández]], [[Suso Iglesias]], [[Monti Castiñeiras]], [[Xosé Barato]] e [[Emma Suárez]], entre outros.<ref>{{cita web|título=El audiovisual gallego cumple 10 años en Cans.|url=http://www.abc.es/local-galicia/20130522/abci-arranca-festival-cans-201305221135.html|editorial=[[ABC]]|dataacceso=21 de maio de 2016}}</ref>
 
En [[2009]] recibiu o [[Premios da Crítica Galicia|Premio da Crítica Galicia]], na sección ''Iniciativas culturais''<ref>{{cita web|título=Festival Audiovisual de Cans.|url=http://premiosdacriticagalicia.org/premios/festival-audiovisual-de-cans/|editorial=Fundación Premios da Crítica Galicia.|dataacceso=21 de maio de 2016}}</ref>. En [[2011]] a [[Deputación de Pontevedra]] concedeulle ao festival o [[Premios Provinciais á Cultura|Premio Provincial á Cultura]] na categoría de Innovación e Vangarda<ref>{{cita web|apelidos=Porto|nome=G|título=El Festival de Cans recibirá el Premio Provincial de Cultura.|url=http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/11/24/festival-cans-recibira-premio-provincial-cultura/600230.html|editorial=[[Faro de Vigo]]|dataacceso=21 de maio de 2016}}</ref>. En [[2013]] recibiu o [[Premio Internacional Ateneo de Ourense ao Fomento da Cultura]].<ref>{{cita web|título=O Ateneo de Ourense recoñece a Reixa e o Festival de Cans.|url=http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=21938&soportal=avg|editorial=Culturagalega.org|dataacceso=21 de maio de 2016}}</ref>
 
== Premiados ==
 
==Notas==
{{Listaref|230em}}
== Véxase tamén ==
===Outros artigos===
393.002

edicións