Lingua lepóntica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 16:
A '''lingua Lepóntica''' é unha variante do [[linguas celtas|celta continental]]. Foi o idioma dos [[Lepontii]], que habitaban a [[Galia Cisalpina]], e falouse entre o [[-700]] e o [[-400]] . En ocasións é chamado '''Galo cisalpino''', considérase un dialecto do [[lingua gala|galo]] e por tanto pertencente á rama continental das linguas celtas.
 
O pouco que se sabe do lepóntico vén dunhas poucas inscricións escritas en varios alfabetos do norte de [[Italia]], relacionados co [[alfabeto etrusco|antigo alfabeto itálico]]: son os chamados [[alfabetos alpinos]]. Estas inscricións atopáronse principalmente ao redor de [[Lugano]], incluíndo o Lago de [[Como]] e o [[Lago Maggiore]]. Unha escritura similar utilizouse para o [[lingua rética|rético]] e o [[lingua véneta|véneto]], e probabelmente as [[runa]]s xermánicas deriven dun destes alfabetos.
 
O lepóntico foi asimilado primeiro polo [[lingua gala|galo]], co establecemento de tribos galas ao norte do [[Río Po]], e posteriormente polo [[latín]], cando [[Roma antiga|Roma]] tomou o control da Galia Cisalpina durante o [[século - II]] e o [[século –I|-I]].
 
O agrupamento de todas as inscricións atopadas nesta área nun único idioma celta foi algo obxecto de discusión e hai investigadores que afirman que algunhas delas están nunha lingua non-celta relacionada co [[Lingua lígur (antiga)|lígur]] (Whatmough 1933, Pisani 1964). Baixo este punto de vista, lepóntico sería o nome correcto para a lingua non celta e galo cisalpino para a celta.