Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
[[Ficheiro:Ostblock in Europa.png|miniatura|200px|Bloque do Leste]]
 
Durante a [[Guerra Fría]], o '''Bloque do Leste''', tamén chamado '''Bloque soviético''' e '''campo socialista''', comprendía os seguintes países de Europa [[Europa central|central]] e [[Europa oriental|oriental]]: [[Bulgaria]], [[Romanía]], [[Hungría]], a [[República Democrática Alemá]], [[Polonia]], [[Albania]], a [[Unión Soviética]] e [[Checoslovaquia]]. O Bloque do Leste adoita considerarse idéntico ao [[Pacto de Varsovia]]. Outra das organizacións que reunían aos países do bloque era o [[Consello de Axuda Mutua Económica]].
 
[[República Federal Socialista de Iugoslavia|Iugoslavia]] nunca formou parte do Bloque do Leste nin do Pacto de Varsovia. Malia ser un [[Estado socialista]], o seu líder [[Josip Broz Tito]] chegou ao poder grazas ao seu mando sobre a resistencia partisana durante a [[Segunda Guerra Mundial]] e sempre mantivo unha política de distanciamiento e autonomía respecto da influente Unión Soviética. O goberno iugoslavo mantívose neutral durante a Guerra Fría e foi un dos fundadores do [[Movemento de Países Non Aliñados]].
 
Pola súa banda, o goberno de [[Albania]] (tildado de [[Estalinismo|estalinista]]) tamén logrou o poder sen axuda soviética como consecuencia da Segunda Guerra Mundial. Albania rompeu a súa relación coa Unión Soviética a comezos dos [[1960|anos 1960]], aliñándose coa [[República Popular Chinesa]] e a súa posición [[antirrevisionismo|antirrevisionista]].
 
As nacións do Bloque do Leste foron, en ocasións, mantidas dentro da [[esfera de influencia]] soviética mediante a forza militar. O [[Exército Vermello]] invadiu Hungría en [[1956]] logo dunha revolta [[anticomunismo|anticomunista]]. Tamén Checoslovaquia foi invadida, en [[1968]] e por tropas do Pacto de Varsovia, co obxecto de poñer fin a un período de liberalización coñecido como a [[Primavera de Praga]]. Esta política foi denominada [[Doutrina Brezhnev]] e se convalidaba, segundo a argumentación soviética, na obrigación que tiñan os estados socialistas de sosterse uns a outros de acordo ao establecido no Pacto de Varsovia. A Primavera de Praga non era para os seus críticos outra cousa que un retorno progresivo ao [[capitalismo]], o que xustificaba segundo este razoamento a intervención militar. Os críticos da Unión Soviética falaban á súa vez de [[socialismo|social]]-[[imperialismo]].
 
O Bloque do Leste disolveuse polo colapso dos diferentes estados socialistas que o formaban, case todos os cales deixaron directamente de existir. O golpe definitivo foi a disolución da [[URSS|Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas]] mesma, bastión político e militar do Bloque, a fins de [[1991]].
 
== Véxase tamén ==
* [[Consello de Axuda Mutua Económica]]
* [[Pano de aceiro]]
* [[OTAN]]
 
{{Control de autoridades}}
381.287

edicións