Capcir: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 3:
O '''Capcir''' é unha comarca situada no sur de [[Francia]], no departamento de [[Pireneos Orientais]], na rexión de [[Languedoc-Rosellón]]. Forma parte da [[Cataluña Norte]]. A súa capital é [[Formiguères]].
 
Ata a firma do [[Tratado dos Pireneos]] formou parte de [[Cataluña]], e máis concretamente do [[condado de Cerdaña]]. Limita ao norte cos departamentos de [[Aude]] e [[Ariège]]. Está situada ao nordés da [[Alta Cerdaña]] e ao noroeste do [[Conflent]]. O [[río Aude]] régaa de sur a norte. Mantén certo pouso lingüístico e cultural cataláns a pesar da prohibición da devandita lingua en documentos oficiais so pena de invalidar o contido imposta por [[Luís XIV de Francia]].
 
O Capcir forma unha meseta situada a 1500 metros de media, e é a ligazón entre o alto val do Aude e a [[Cerdaña]]. Esta comarca, rural ata hai pouco, creceu considerablemente durante o últimos corenta anos, grazas ao seu atractivo turístico. O Capcir ten dous sobrenomes: o Pequeno Canadá ou a Pequena Siberia. Isto dá unha idea do clima que ás veces pode haber no inverno. O nome de Siberia parece particularmente apropiado porque o Capcir representa un dos últimos refuxios en Europa occidental dunha planta ártica, a ''[[Ligularia sibirica]]''.