Tratado dos Pireneos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Arranxos varios using AWB
Liña 4:
== Antecedentes ==
{{Artigo principal|Guerra dos Trinta Anos|Paz de Westfalia}}
Francia entrou na [[Guerra dos Trinta Anos]] despois das vitorias españolas contra os rebeldes holandeses no 1620, e contra os suecos en [[Nördlingen]] no 1634.
 
No ano 1640, Francia comezou a interferir na política española, apoiando aos cataláns sublevados durante a [[Guerra dos Segadores|sublevación de Cataluña]], ao tempo que España apoiaba a [[Revolta da Fronda]] de 1648.
 
Nas negociacións da [[paz de Westfalia]] (1648) que puxeron fin a Guerra dos Trinta anos, Francia anexionou os territorios de [[Alsacia]] e [[Lorena (rexión)|Lorena]], pechando o denominado [[Camiño Español]] que unía as posesións españolas en [[Italia]] e en [[Países Baixos españois|Flandres]] a través de [[Suíza]] e o [[Franco Condado]]. Todo isto levou a unha guerra aberta entre Francia e España.
Liña 13:
[[Ficheiro:Tratado Pirineos 1659.jpg|miniatura|250px|Cesión a [[Francia]] por parte de [[España]] do [[Artois]] e do [[Rosellón]].]]
[[Ficheiro:Catalonia2.png|250px|miniatura|Mapa da repartición de [[Cataluña]].]]
Despois de 10 anos de guerra, Francia (aliada con Inglaterra) derrota as tropas españolas na [[Batalla das Dunas (1658)|batalla das Dunas]], no 1658.
 
A paz asinouse un ano despois na [[Illa dos Faisáns]], asinando [[Luís de Haro]], representando ao rei de España [[Filipe IV de España|Filipe IV]], e o cardeal [[Mazarino]], en representación do rei de Francia [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]].
 
Na fronteira do norte, Francia obtivo o condado de [[Artois]] e unha serie de prazas fortes en [[Flandres]], [[Hainaut]] e [[Luxemburgo]].
Os franceses devolven a España o [[Charolais]] (no Franco Condado) e as conquistas de Italia.
 
No sur, na fronteira catalá, concertouse a cesión a Francia do [[Rosellón]], o [[Conflent]], o [[Vallespir]] e unha parte da [[Cerdaña]], territorios todos eles situados na vertente setentrional dos [[Pireneos]] e que os soldados franceses ocuparan para apoiar aos sublevados cataláns. A fronteira con España fixarase dende entón seguindo os Pireneos, excepto o pequeno enclave de [[Llivia]].
Liña 29:
No tratado incluíuse un indulto xeral e a restitución dos bens a tódolos perseguidos durante os anos da sublevación catalá (1640-1659). No lado francés, o compromiso incluía manter a vixencia dos ''Usatges de Barcelona'' e as súas institucións ao norte dos Pireneos, con sede en [[Perpiñán]], pero esta parte non foi respectada por Luís XIV. Un ano despois ([[1660]] os ''Usatges'' foron derrogados, o que significou a abolición das institucións propias en Cataluña setentrional, así coma a prohibición do emprego do [[Lingua catalá|catalán]] no ámbito público e oficial.
 
O real decreto do 2 de abril de 1700, con data de aplicación do 1 de maio do mesmo ano prohibiu o uso da lingua catalá en calquera tipo de actos oficiais, sendo o francés a única lingua oficial e a única empregada no ensino público.
 
Recentemente, o estado francés modificou a súa constitución engadindo ao seu artigo 2 a frase ''la langue de la République est le français'' ("a lingua da república é o francés"). Con este artigo, néganse subvencións a movementos culturais ou cívicos cuxa lingua vehicular sexa o catalán ou para rexeitar calquera tipo de presenza do catalán na administración entre outras linguas faladas no territorio francés.