Lingua aragonesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Arranxos varios using AWB
Liña 23:
| sil = ARG
}}
O '''aragonés''' é unha [[lingua románica]] falada nas zonas máis setentrionais da [[Aragón|Comunidade autónoma de Aragón]], ao nordeste de [[España]], onde ten o rango de [[lingua propia]].
 
Actualmente fálase nas comarcas da [[Jacetania]], [[Alto Gállego]], [[Sobrarbe]] e na parte occidental da [[Ribagorza]], aínda que se fala tamén, algo [[lingua castelá|castelanizado]], noutras comarcas do norte de [[Aragón]].
Liña 46:
A chamada "[[Reconquista]]", ou expansión do primitivo [[Reino de Aragón]] cara o sur sobre terras musulmás, levaría consigo o idioma por todo o territorio conquistado, sendo os séculos XIII e XIV aqueles nos que abarcaría a súa maior extensión. A unión do Reino de Aragón co [[Condado de Barcelona]] no que sería a [[Coroa de Aragón]] supuxo unha importante influencia da lingua catalá sobre a aragonesa. A Chancelería Real tería o [[lingua latina|latín]], o [[lingua catalá|catalán]] e o aragonés por linguas de uso, e ocasionalmente o [[lingua occitana|occitano]].
 
Coa instauración, en [[1412]], da dinastía castelá dos [[Trastámara]] na Coroa de Aragón, o castelán vaise convertendo progresivamente na lingua da corte e da nobreza aragonesa. As clases altas e os núcleos urbanos serán os primeiros focos de castelanización, quedando o aragonés cada vez mais relegado a lingua de ámbito rural ou doméstico, e a sufrir un desprestixio social progresivo. Os séculos posteriores ao [[Decretos de Nueva Planta|Decreto de Nova Planta]] de [[Filipe V de España|Filipe V]], mediante o cal se suprimía a independencia política de Aragón, e a presión lingüística a favor do castelán da ditadura [[Franquismo|franquista]] no século XX, suporían a implantación case total da lingua castelá en Aragón, onde actualmente é o único idioma oficial.
 
Nos anos posteriores á [[Franquismo|ditadura de Franco]], o aragonés contou cunha notable revitalización, que levou á creación de asociacións defensoras e promotoras do idioma, a progresivos intentos de estandarización dos dialectos -así como dunhas normas ortográficas consensuadas-, a unha crecente creatividade artística, principalmente literaria, e a unha busca da súa cooficialidade en varios municipios altoaragoneses. Porén, e a pesar do aumento de estudantes de aragonés e da xente concienciada coa salvagarda do idioma, este segue a contar con moi pouca axuda por parte das institucións, e o seu estado de conservación é cada vez mais precario entre os seus falantes nativos, a maioría dos cales fala un híbrido entre ambos idiomas, aragonés e castelán. Hoxe as falas aragonesas mellor conservadas danse nos vales xacetanos de [[Hecho-Echo]] chamado [[Cheso]], e [[Ansó]] no val de [[Gistau-Chistau]], e as [[Dialecto ribagorzano|falas]] da [[Ribagorza]] occidental, que son de transición ao catalán, principalmente en [[Benás-Benasque]].