Hydrodamalis gigas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 22:
| subdivision =
* ''[[H. gigas]]''
* ''[[Hydrodamalis gigas]]''
* ''[[Trichechus senegalensis]]''
}}
'''''Hydrodamalis gigas''''', coñecido popularmente como '''dugongo-de-Steller''' ou '''vaca-mariña-de-steller''', é unha [[especie]] extinguida de [[mamífero]] mariño da orde [[Sirenia]] que se [[extinción|extinguiu]] ao final do [[século XVIII]]. Este animal habitaba o [[mar de Bering]], mais o rexistro [[fósil]] indica que sirénios do xénero ''Hydrodamalis'' habitaron outrora zonas máis extensas do [[Océano Pacífico]], chegando á costa da [[California]] e do [[Xapón]]. A especie foi descrita por primeira vez polo naturalista alemán [[Georg Steller]] en [[1741]], nunha altura en que xa era posíbelmente bastante rara.
 
Este sirénio era considerábelmente maior que os membros actuais da súa orde, o [[dugongo]] e o [[manatí]], medindo até 8 metros de lonxitude e pesando entre 5 a 11 toneladas. O seu corpo era macizo, con cabeza pequena e pescozo indiferenciado. Os ollos eran pequenos, así como as narinas, e non tiña orellas. Os adultos non tiñan dentes. A cauda era en forma de abano e os membros dianteiros modificados como [[barbatana]]s tiñan a forma de gancho. Por causa de seu peso e estrutura corporal, o dugongo-de-Steller era un animal bastante lento.
 
Era un animal herbívoro, altamente especializado para ambientes costeiros de augas frías e pouco profundas, ricas en algas e outra vexetación mariña. Era gregario e vivía en mandas, próximo a [[estuario]]s e embocaduras de ríos. Pouco se sabe respecto aos hábitos de vida ou reprodución, mais suponse que formase parellas monogámicas e que o período de gestación fose longo. Relatos contemporáneos indican que as fémeas daban á luz só unha cría, na altura do outono.
 
== Causa da extinción ==
Liña 39:
* [[Mamíferos mariños]]
* [[Dugongo]]
* [[Mamíferos]]
 
{{Listaref}}