Guerra do Peloponeso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 61:
Durante o verán deste mesmo ano [[-424]], os atenienses proxectaron unha invasión da Beocia a fin de sementar alí o xerme da [[democracia]] que esperaban ver expandirse pola rexión. A operación comportaba tres grupos que debían coordinarse para o mesmo día: uns partisanos presentes nas cidades de [[Queronea]] e [[Sifas]] sublevaban a poboación contra a orde establecida que viña consolidar a chegada dunha frota ateniense de ocupación de [[Sifas]], o terceiro escenario estaba previsto que fose [[Delio]] mediante a toma da cidade, á cal un importante exército estaba encargado de fortificar, todo isto para dividir o exército beocio. Ao resultar descuberto o plano por unha traizón, e unido a un inexplicábel error na data, o plano non dou resultado ningún ao oeste e permitiu que as forzas beocias se reagrupasen e fosen ao encontro do exército ateniense. A [[batalla de Delio]] dese inverno foi un desastre para Atenas que perdeu tamén a posición fortificada e toda posibilidade de reconquista nesta rexión.
 
Do lado espartiata, o xeneral [[Brásidas]] socorreu [[Mégara]] asediada polos atenienses. Logo sorprendeu aos seus adversarios cunha manobra rápida que lle permitiu atravesar Grecia e apoderarse de [[Anfípolis]] en Tracia o mesmo ano, malia a tentativa de [[Tucídides]] para os salvar. Acordouse unha tregua dun ano entre Atenas e Esparta, pero continúan as operacións contra os inimigos de menor envergadura: [[Nicias]] toma [[Mende]] e asedia [[Escione]], que fixeran defección, mentres que Brásidas fai campaña contra [[Arribeo]] (sen éxito).
 
Ao final da tregua, [[Cleón]] morre no intento de retomar Anfípolis; o seu exército é destruído, e o xeneral espartiata [[Brásidas]] morre tamén durante a batalla.
Liña 69:
=== A paz de Nicias ===
 
A paz de [[Nicias]] foi acordada en [[-421]]. Ao establecer unha paz para cincuenta anos, devolveu todo ao ''[[statu quo]] ante bellum''. Isto foi un éxito para [[Atenas]], que conservaba o seu imperio intacto mentres que
 
Nese intre de eclipse para a causa peloponesa, Esparta atopou un home excepcional na persoa do xeneral [[Brásidas]], que dirixiu todos os seus esforzos a subtraer Tracia e os territorios do norte do bando ateniense. Conseguiuno e Atenas pediu unha tregua dun ano. Brásidas non deixou de forzar máis defeccións da causa da Confederación e, pasado o ano, atenienses e espartanos enfrontáronse en Anfípolis, onde pereceron tanto Cleón como Brásidas, e Atenas foi derrotada.
Liña 91:
En [[-415]], baixo a influencia de [[Alcibíades]], [[Atenas]] lanzouse á expedición de [[Sicilia]], á que Nicias se opuña. [[Atenas]] respondía á chamada de Sexesta, atacada por [[Selinunte]] en [[-416]]. [[Siracusa]], [[colonización grega|colonia]] corintia, era aliada de Selinunte. Sexesta apelou a [[Atenas]], ofrecéndose mesmo a pagar os custes da expedición. Nese momento da guerra, a perda de Eubea e a defección de numerosos aliados de Atenas deixaran en precario os seus aprovisionamentos de trigo. A perspectiva de cortar os dos aliados de Esparta, á vez que se conquistaban novas fontes de avituallamento, foi certamente un elemento determinante.
 
Foi concibida para contrarrestar o poder emerxente de [[Siracusa]], para poñer pé en [[Sicilia]] e para asegurar o control total do mar. A expedición zarpou baixo o mando de Nicias, de Alcibíades e de [[Lámaco]] en xuño de [[-415]].
 
Alcibíades foi expulsado de [[Atenas]] a causa duns escándalos e refuxiouse en [[Esparta]] e deu aos espartiatas o prudente consello de ocupar [[Decelia]], cousa que fixeron en [[-413]], e de axudar a Siracusa.
 
En [[Sicilia]], Lámaco morreu e Nicias ficou só á cabeza da expedición. A chegada a Siracusa de [[Xilipo]], xeneral espartiata, fixo que os atenienses perdesen a batalla dos baluartes arredor da cidade (outubro [[-414]]). A frota ateniense foi capturada na dársena, e enviaron unha forza de socorro baixo o mando de Demóstenes e Eurimedón. En agosto de [[-413]] a frota foi destruída na [[batalla das Epípolas]], logo o exército foi vencido en terra.
 
[[Atenas]] perdeu máis de duascentas naves nesta expedición, e cincuenta mil homes (entre eles sete mil prisioneiros das canteiras de Siracusa).
Liña 105:
A impopularidade de [[Atenas]] medrou, e só quedaron fieis as cidades de Lesbos e Samos. Aquí foi onde se botou unha nova frota ateniense. En [[-412]], as cidades de Xonia, para as que se constituíra a Liga de Delos, fixeron defección, precedidas nisto por Quíos.
 
En [[-411]] ten lugar un golpe de estado [[oligarquía|oligárquico]] en [[Atenas]]. Os Catrocentos piden a paz a Esparta. Pero o exército e a frota rexeitan recoñeceren o cambio e, ao cabo de catro meses de existencia, o réxime oligárquico é revocado. Eubea sublévase, e os espartiatas conseguen unha vitoria naval en [[Eretria]].
 
Entón Alcibíades é chamado de novo e obtén tres vitorias navais contra os espartiatas en [[Batalla de Cinosema|Cinosema]], [[Batalla de Abidos|Abidos]] en [[-411]], e logo en [[Batalla de Cízico|Cízico]] en [[-410]]. [[Atenas]] rexeita entón unha proposición de paz espartiata. Alcibíades retoma o control dos Estreitos ([[Asedio de Bizancio|asediando]] e tomando Bizancio en [[-409]]), logo resulta novamente exiliado tras a desfeita de [[Batalla de Nocio|Nocio]].
 
[[Esparta]] obtén o apoio do rei dos Persas, que envía ao seu fillo [[Ciro o Novo|Ciro]]. Este xúntase con [[Lisandro]], o navarca espartiata, e concédelle unha importante axuda financeira. En [[-406]], [[Calicrátidas]], sucesor de Lisandro, bate a [[Conón]]. [[Atenas]] recupérase, nun último impulso, prometendo a cidadanía aos [[meteco]]s e aos escravos para constituír unha frota que bate a Calicrátidas na [[Batalla das illas Arxinusas]], pero con moi graves perdas, que causan a condena a morte de todos os estrategos atenienses á súa volta.
 
Lisandro, substituíndo a Calicrátidas morto nas Arxinusas, retoma o mando da frota espartiata. A frota ateniense, en posición nos [[Dardanelos]] co fin de garantir a ruta do trigo procedente do [[Mar Negro]], é sorprendida e destruída na [[Batalla de Egospótamos]]. As últimas fontes de avituallamento de [[Atenas]] desaparecen coa súa frota. Atenas tenta resistir desesperadamente: ofrece o dereito de cidadanía aos [[Illa de Samos|samios]], derradeiros aliados fieis, e consolida as súas fortificacións. Pero, sometida ao bloqueo terrestre e marítimo, desfeita pola fame, debe capitular en [[-404]].