Diferenzas entre revisións de «Ilota»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
O '''ilota''' (do [[Lingua latina|latín]] ''Ilōta'', e este do [[Lingua grega|grego]] ''Εἱλώτης'', ''Heilṓtēs'') era o [[Servidume|servo]] de [[Esparta|Esparta.]]. Non hai que confundilos cos [[Escravitude na Grecia antiga|escravos-mercadoría]], que existían ademais pero que eran máis ben raros. O ilotismo áchase tamén noutras sociedades gregas, como [[Tesalia]], [[Illa de Creta|Creta]] ou mesmo [[Sicilia]].
 
Os ilotas ocupaban unha situación moi inferior á dos periecos e dos homoioi, considerados orixinarios de [[Mesenia]], no suroeste do [[Peloponeso|Peloponeso.]]. Eran [[Escravitude na Grecia antiga|escravos]] públicos, propiedade do Estado espartano, formando parte integrante dos bens rurais dos [[Homoioi|espartiatas]], tamén coñecidos como os ''homoioi''. Esta xente estaba adscrita á terra, que era propiedade do estado espartano, pero que era repartida en calidade de cesión aos ''homoioi'', os cales se encargaban de que os ilotas a explotasen.
 
Canto maior era o seu número, máis crecía a desconfianza e crueldade con que os espartiatas os trataban, até o punto que había un ritual (a ''Krypteia'') organizado á mantenta para a persecución e o exterminio dos ilotas. Ademais, o flaxelado público anual e o vestir diferentes, funcionaba como medida intimidatoria para que non se sublevasen.
 
== Notas ==
{{Modelo:Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
 
=== Ligazóns externas ===
* Thomas R. Martin: ''An Overview of Classical Greek History from Mycenae to Alexander'' (''Panorama da historia da Grecia Antiga desde a'' ''[[Período micénico|época micénica]]'' ''até a de'' ''[[Alexandre o Grande|Alejandro]]''); texto inglés, con índice electrónico, no [[Proxecto Perseus|Proxecto Perseus.]].
** Véxanse este apartado e o seguinte: [http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.04.0009%3Achapter%3D6%3Asection%3D7 ''The Helots of Messenia''] (''Os ilotas de'' Mesenia).
** [http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.04.0009%3Achapter%3D9%3Asection%3D2%3Asubsection%3D1 ''Helot Revolt at Sparta''] (''A revolta ilota en Esparta'').
* [[Tresantes]].
* [[Escravitude na Grecia antiga|Escravitude na Antiga Grecia]].
 
[[Categoría:Grecia antiga]]
393.002

edicións