Diferenzas entre revisións de «Mosteiro de San Xoán de Caaveiro»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
{{Coordenadas|43|25|03|N|08|04|06|W|display=title}}
 
[[Ficheiro:Caaveiro absida.jpg|dereita|350px|miniatura|Ábsida románica da capela.]]
 
== Historia ==
O mosteiro estableceuse no ano [[934]] nas Fragas do Eume para acoller os numerosos anacoretas que vivían dispersos na zona. Pero pronto importantes doazóns de [[Rosendo de Celanova]] engrandecen o seu patrimonio recibindo este a maior parte das terras cultivables existentes á dereita do [[río Eume]] e concédenlle a xurisdición sobre vilas e freguesías eximíndoo da autoridade do arcebispado de [[Santiago de Compostela]].
 
Obtén así o cenobio un gran poder, acadando a súa igrexa a categoría de Real Colexiata (con seis cóengos) que conservará ata finais do [[século XVIII]].
Éntrase no [[adro]] por unha escaleira de vinte chanzos de pedra e unha porta. Sobre a porta está a torre cuadrangular de estilo [[barroco compostelán]] do [[século XVII]], traballo de [[Clemente Fernández Sarela]], da escola de [[Simón Rodríguez]]. Baixo dela pódese ver o escudo coas as armas de [[Castela e León]], co Vélaro de ouro e a coroa real, e unha ventá rectangular.
 
No interior aínda se poden apreciar divisións que poderían corresponder a: un forno, as porterías, seis celas, un cabido, e as dúas igrexas.
 
No exterior, a casa dos canónicos e as cociñas do mosteiro tamén se conservan aceptablemente,
 
== Estado actual ==
O conxunto foi declarado no ano [[1975]] [[Conxunto Histórico-Artístico|monumento histórico-artístico]] pola súa importancia arquitectónica.
 
Na actualidade é propiedade da [[Deputación da Coruña]], que iniciou un proxecto de restauración para a posta en valor do conxunto.
393.002

edicións