O Señor dos Aneis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3945426 de 80.28.124.175 (conversa)
Liña 27:
== Trama ==
 
AO libro conta a aventura do [[hobbit]] Frodo Baggins ([[Frodo Bulseiro]] na tradución galega) na súa viaxe rumbo ó [[Orodruin|Monte do Destino]], co fin de destruír o anel de poder forxado por [[Sauron]], o grande Inimigo Escuro, motivo da trama da triloxía. [[Sauron]], o Señor Escuro de [[Mordor]], é o principal vilán da historia, creador do [[Anel Único]] que utilizou para controlar o poder dos demais Aneis.
 
''O Señor dos Aneis'' constitúe a continuación dun libro anterior de Tolkien, ''[[O Hobbit]]'', que trata da historia de como o Anel do Poder pasa ás mans do tío de Frodo Bulseiro, [[Bilbo Bulseiro]]. Nun nivel máis profundo constitúe a continuación doutro libro chamado ''[[O Silmarillion]]'', que fala da creación da [[Terra Media]], de todas as criaturas que nela habitan, do primeiro Señor Escuro, mestre de [[Sauron]] e das loitas polos [[Silmaril]]s.